jueves, 16 de junio de 2022

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE

Seguindo coa celebración do Día do Medio Ambiente os nenos e nenas de 2º realizaron nas súas casas uns magníficos xoguetes, feitos con materiais reutilizados. Aquí deixamos unha mostra:




Moitísimas grazas, familias!!!

Ademais, un ano máis, saíron a recoller lixo pola contorna do centro e, como se pode ver, recolleron máis do esperado: 




EXCURSIÓN ILLA CORTEGADA!

Chegou xuño e con el a tan desexada excursión de fin de curso para os nenos e nenas de 2º, que foron á Illa de Cortegada.

Foi un día marabilloso: fomos en bus, aprendemos moito sobre o marisco de Carril, subimos en lancha motora, fixemos sendeirismo mentres coñeciamos especies vexetais e animais da illa, vimos unha árbore máxica chamada Comepedras, comemos de pícnic, bañámonos, xogamos na area e fixo bo día; que máis se pode pedir?



martes, 14 de junio de 2022

EXCURSIÓN AO ACUARIO DO GROVE

Os nenos e nenas de primeiro desfrutaron dun magnífico día de excursión ao acuario do Grove con viaxe en catamarán incluída.⛵

Para comezar o día, fixemos unha rutiña en barco pola ría. A brisa do mar, as gaivotas que nos seguían, a música, o visionado do fondo mariño e a explicación dos monitores fixeron que a travesía fora unha experiencia moi agradable e inesquecible.

Unha vez en terra, dirixímonos ao Acuario 🐠onde vimos moitas especies mariñas e enterámonos de moitísimas cousas interesantes sobre elas. 

Por último, voltamos en bus para o colexio, despois de pasar un día marabilloso.

Velaquí algúns momentos compartidos!!!


viernes, 10 de junio de 2022

Barro no camiño

Este ano, as nenas e nenos de primeiro traballamos no proxecto "Barro no Camiño". Estudamos a vestimenta d@s peregrin@s, por onde vai o Camiño Portugués, por qué lugares das parroquias de Barro pasa, os seres vivos, tanto animais coma plantas, típicos deste camiño e moitas cousas máis. Como broche final, elaboramos un mural para o corredor de primeiro, onde todas as nenas e os nenos están situados no lugar onde viven, tratando de facer unha simulación o máis didáctica posible do mesmo. Incluimos regatos, fotos, vivendas, festas...

Un traballo en equipo dos dous grupos fantástico!!!

Esperamos que vos guste!!!