martes, 11 de febrero de 2020

EXPERIMENTOS CON PLANTAS

Esta semana, Hugo trouxo á escola un experimento relacionado co proxecto das plantas.
Tinguimos a auga con distintas cores para ver como as plantas a través das raíces ou do seu talo absorben a auga.
Tamén creamos o noso propio diario de experimentos. 
Resultou un traballo moi interesante para as nosas pequenas científicas e pequenos científicos!





TODOS E TODAS A LER!

As nenas o os nenos de primeiro disfrutando do placer de ler en público. Saiu unha lectura cooperativa moi interesante. Puxeron en práctica todos os seus sentidos, especialmente o do tacto.
Gracias profe Pachú por este libro.




APRENDEMOS AS PARTES DAS PLANTAS CO ROBOT

Nenos e nenas de 1º A e B aprenden as partes das plantas a través dun xogo de robótica.
Aprenderon e o pasaron xenial!



sábado, 8 de febrero de 2020

SAÍDA A PONTEVEDRA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria viaxamos a Pontevedra o venres para ver a representación da obra "Safari" na sede de Afundación en Pontevedra. 
Gustounos moitísimo a todos e a todas, alumnado e profesorado, polo ben que souberon captar a nosa atención dende o principio ao final. O dinamismo na representación, os decorados e os orixinais cambios do mesmo, a forma de tratar o tema do acoso e facernos pensar no día a día de cada un de nós. Foi fantástica!

Ao remate da función demos un paseo pola zona vella de Pontevedra e parámonos nalgunhas prazas antes de ir a merendar: Peregrina, Ferrería, Eirado da Leña e finalmente a Pedreira.

Visitamos tamén o Mercado, desde arriba e paseando polas distintas zonas: Peixaría, Floraría, Froitería e Carnizarías. Ao final, déronnos como agasallo un libro sobre as tendas e produtos do mercado.

Para rematar a mañá de visitas, fixemos unha curta parada nun parque mentras esperabamos que nos recolleran os autobuses.


Pasámolo moi ben e aprendemos unha chea de cousas!!!