sábado, 1 de diciembre de 2018

martes, 30 de octubre de 2018

ENTREGA DO X PREMIO MIMI A MAMÁ CABRA

O venres pasado fomos á Nave da Música para a entrega do Premio MIMI a MAMÁ CABRA.

O que máis nos gustou foi cantar e bailar o "Baile da Paz" e "A miña tía", o neno disfrazado de MIMI e sacar fotos con MAMÁ CABRA. Cantan e tocan a mar de ben!

Ata outro día MAMÁ CABRA!!!



Máis información no blog de MIMI:

https://oblogdemimi.blogspot.com/2018/10/entrega-do-x-premio-mimi.html

domingo, 21 de octubre de 2018

GRAVACIÓN DE BRAULIO TUBER

As alumnas e alumnos de 1º de Educación Primaria vivimos hai uns días unha experiencia única como foi a participación na gravación do programa infantil da TVG "BRAULIO TUBER".
Esa mañá pasámolo xenial, fixemos como auténticas/os actrices e actores e vivimos en primeira persoa a gravación dun espazo televisivo.
Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos. E máis abaixo un pequeno resumo da nosa vivencia.












jueves, 4 de octubre de 2018

RUTA DA PEDRA DO HOME

O alumnado de 1º e 2º de Primaria, acompañado por profesorado do centro, gozou hoxe dun fermoso percorrido por Perdecanai con paradas en puntos de grande interese como a famosa Pedra do Home, os muíños de Souto de Lux ou a fonte de Mourís de Perdecanai, de auga doce e fresca.

Pasárono xenial!

 

  

  

  


  

viernes, 15 de junio de 2018

VISITAMOS A FINCA DE LOURIZÁN

O venres, día 1 de xuño, os nenos e as nenas de 1º e 2º de Primaria saímos de excursión. 
Tiñamos prevista a visita guiada á Finca de Lourizán. Alí fixemos un pequeno recorrido polos arredores do Pazo en dous grupos. 
Puidemos ver o pombal, a fonte da cuncha, a fonte-gruta dos espellos, a gran mesa feita dunha única laxe de pedra, traída da Illa de Tambo (que, en tempos pasados, era propiedade do Pazo), o hórreo e, por último, o invernadoiro de cristal.
Durante a visita, paramos diante de  varias árbores singulares (das que nos falaron cando visitamos a exposición de árbores senlleiras no Concello) e os guías deron unha breve explicación de cada unha delas.
Desprazámonos despois cara á escalinata, na fachada do pazo (onde merendamos ao remate da visita).


Por último, subimos ao autobús para ir cara a Marín e xogar un chisco na praia de Aguete.


Tiñamos moito medo de que chovera, pero resultou unha mañá estupenda e unha visita moi interesante.

Pasámolo moi ben! 

martes, 12 de junio de 2018

EXPOSICIÓNS "VOCES DE MULLERES"

Para rematar o noso Proxecto "Voces de Mulleres" quixemos amosarlle todo o noso traballo aos compañeiros e compañeiras doutras clases.
Nas aulas de 1º de Primaria investigamos sobre Rosalía de Castro (escritora), Pilar Mateo Herrero (científica) e Yayoy Kusama (pintora). Expuxemos o noso proxecto no patio cuberto; alí estiveron escoitándonos os nenos e nenas das aulas de 3 e 4 anos.
Nas aulas de 2º de Primaria investigamos tamén a Rosalía de Castro, a Mª Antonia Dans (pintora) e a Isabel Zendal (enfermeira). Logo, contamos aos nenos e nenas de 5 anos todo o que investigamos.

Podedes mirar un resumo no seguinte vídeo:



Máis información no blog da Biblioteca:
https://oblogdemimi.blogspot.com/2018/06/voces-de-mulleres.html

miércoles, 23 de mayo de 2018

ALMORZOS SAUDABLES

Dentro do Programa de Drogodependencias e prevención de Condutas Adictivas promovido polo Concello de Barro e a Consellería da Sanidade, os nenos e nenas de 1º de Primaria  aprendemos cales son os alimentos máis apropiados para unha dieta saudable.
Hai uns días estivo no comedor do noso centro Julia Búa para desenvolver con nós un obradoiro de "Almorzos saudables" para repasar a modo de xogo o que tan ben aprendemos nas aulas.



 A continuación puidemos degustar un saboroso almorzo a base de pan, embutido, zume e iogur. Delicioso!


viernes, 11 de mayo de 2018

PREMIO MICROTEXTOS "TERRAS DO UMIA"

O pasado venres día 4 de maio un grupo de nenos e nenas da aula de 2º B desplazáronse a Portas para acudir á Festa da Lingua de "Terras do Umia" pois Hugo Latas Lucio resultou gañador co seu micropoema na categoría B1 do concurso de Microtextos.

Teño unha eiva no corazón
e por iso síntome remelón
e moi pero que moi tristón.




Compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria e de 5 anos A tamén acudiron para participar da festa. Para ler máis, visitade o blog de MIMI:

https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2018/05/ix-festa-da-lingua.html



viernes, 30 de marzo de 2018

RECIBIMOS A VISITA DE ...

Este curso estamos a desenvolver no colexio o proxecto "Voces de mulleres" e por esta razón viñeron convidadas á Biblioteca do cole varias mulleres da nosa contorna na semana da conmemoración do 8 de Marzo.
O alumnado de 1º e 2º recibíu a visita de Ana B. Cadavid que é veterinaria en Curro, onde ten a súa clínica. 

 Deste xeito describe e ilustra o traballo de Ana o alumnado de 1º.

 


Por outra banda o alumnado de 1º recibíu tamén a visita de Eva Caldas, mamá de Nahuel. 
 
Eva é Inspectora de Seguridade Marítima na Capitanía de Vilagarcía de Arousa e faloulles do seu traballo aos compañeiros e compañeiras do seu fillo ademais de estar tamén co alumnado de 5º e 6º curso.
 
E esta é descrición e imaxe do seu labor visto polo alumnado de 1º:


Foi un placer recibirvos no cole.

Grazas, Ana!
Grazas, Eva!


ASÍ DEBUXAMOS O 8 DE MARZO

Os nenos e nenas de 2º A representamos nestes debuxos a nosa visión particular da conmemoración do 8 de Marzo. Dedicámolos a todas as mulleres involucradas na crianza dos nenos e nenas.
O valor artístico e social das súas ilustracións dános moita esperanza.

ELES e ELAS son o noso futuro!!

jueves, 29 de marzo de 2018

DÍA DA POESÍA

O alumnado de 1º e 2º de Primaria conmemorou o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) recitando na nosa Biblioteca os Micropoemas creados para participar no concurso convocado pola Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega "Terras do Umia".


Micropoemas de 1º:
Micropoemas de 2º:
Tamén participou alumnado de Ed. Infantil escoitando e recitando, asemade, uns fermosos versos de Ana Fernández pertencentes ao seu poemario Pola Rúa dos Versos. 


 Parabéns, artistas !

sábado, 24 de febrero de 2018

UNHA ROSA PARA ROSALÍA

Nas aulas de 2º curso preparamos esta divertida coreografía para bailar e compartir na "Hora de ler" pola conmemoración do Día de Rosalía. 
Amosamos neste videoclip o tema "Rosa" de Roi Casal, interpretado por Silvia Ferre, coa letra do poema de Rosalía de Castro.


Podedes ver as actividades que fixemos no cole sobre Rosalía de Castro durante esta semana no blog da biblioteca.

Feliz Día de Rosalía!