O venres, día 1 de xuño, os nenos e as nenas de 1º e 2º de Primaria saímos de excursión.
Tiñamos prevista a visita guiada á Finca de Lourizán. Alí fixemos un pequeno recorrido polos arredores do Pazo en dous grupos.
Puidemos ver o pombal, a fonte da cuncha, a fonte-gruta dos espellos, a gran mesa feita dunha única laxe de pedra, traída da Illa de Tambo (que, en tempos pasados, era propiedade do Pazo), o hórreo e, por último, o invernadoiro de cristal.
Durante a visita, paramos diante de varias árbores singulares (das que nos falaron cando visitamos a exposición de árbores senlleiras no Concello) e os guías deron unha breve explicación de cada unha delas.
Desprazámonos despois cara á escalinata, na fachada do pazo (onde merendamos ao remate da visita).
Por último, subimos ao autobús para ir cara a Marín e xogar un chisco na praia de Aguete.
Tiñamos moito medo de que chovera, pero resultou unha mañá estupenda e unha visita moi interesante.
Pasámolo moi ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario