Os nenos e nenas de 1º e 2º presentámosvos os traballos que levamos a cabo no terceiro trimestre en PLÁSTICA (sección bilingüe):
SPRING
Os nenos e nenas de 1º e 2º presentámosvos os traballos que levamos a cabo no terceiro trimestre en PLÁSTICA (sección bilingüe):
SPRING
As nenas e os nenos de primeiro e segundo estamos traballando, ao longo deste curso, a distintos artistas para entender mellor a arte que nos rodea. Despois de investigar sobre a súa vida e o seu estilo artístico, tratamos de debuxar as nosas propias obras inspiradas nas súas creacións.
Esperamos que vos gusten !!!
JOAN MIRÓ
A VENDIMA E O OUTONO
Como moitas nenas e nenos colaboramos na vendima coas nosas familias, estivemos buscando información sobre esta actividade tan importante no noso concello. Investigamos sobre a vide, nomes de variedades de uva, aparellos, maquinaria que se utiliza e, ademais do viño, que outras elaboracións podemos facer coas uvas.
Tamén estivemos a falar do outono e as colleitas que se levan a cabo nesta época do ano (recollemos o millo, as fabas, as cabazas...) E, de paso, aprendimos poesías, adiviñas e refráns sobre a vendima e o outono.
Aquí podedes escoitalas:
O alumnado de segundo está metido de cheo na época máis máxica do ano, e para comezar a celebralo fixeron unhas magníficas creacións onde contan a historia dun Papá Noel ao que se lle cambiou a cor do seu traxe.
En 2º de primaria estamos a profundar sobre o coñecemento do noso corpo. Para iso estivemos facendo uns magníficos lapbooks sobre todo o que coñecemos sobre o noso interior.
A maiores, estivemos traballando cunha camiseta en 3D para poder ver de xeito máis realista como somos por dentro.
Aquí deixamos esta experiencia: