Mostrando entradas con la etiqueta curso 2016-17. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2016-17. Mostrar todas las entradas

sábado, 27 de mayo de 2017

CARTEIS BARRRO

Xa sabemos cales son os carteis finalistas, e o gañador do noso Proxecto BARRRO. 
Entre todos os presentados en 1º curso, quedou finalista o cartel feito por:
NAIARA CARRAMAL RAÚL FARIÑA, RAÚL REY,  BORJA BARREIRO  e  IRIA GARCÍA.


Entre os carteis presentados de segundo curso o seleccionado foi o cartel realizado por:
CARMEN CASTRO, MANUEL GARCÍA, PEDRO MARTÍNEZ, SERGIO MOREIRA  e  FÁTIMA GÜIMIL.

Podedes ler máis sobre este concurso no blog da biblioteca:
https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2017/05/resolto-o-concurso-de-cartaces-barrro.html

GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!!
BO TRABALLO!!
 

jueves, 25 de mayo de 2017

Plantamos 2

Así que tiveron que ir á horta e cada un plantar o seu na terra.




E ao final... non esquecer de regar, por suposto!


Plantamos!



O alumnado de primeiro estivo plantando lentellas, garbanzos, fabas, e plantas aromáticas.
Foron paso a paso  facendo todo o proceso.
Primeiro meteron a semente nun vasiño de plástico con algodón e botáronlle auga.






Esperaron e..... foron medrando!



sábado, 13 de mayo de 2017

PREMIOS "CÓNTAME UN CONTO VECIÑO 2017"

     No concurso "CÓNTAME UN CONTO VECIÑO 2017" convocado polos concellos de Barro e Portas, resultaron premiad@s os seguintes alumn@s do noso centro:
  • Daniela Romay Manso (2º de Primaria)
  • Manuel Piñeiro Núñez (3º de Primaria).
  • África Lede Zarco (4º de Primaria).
  • Iago Vilas Fernández (6º de Primaria).
MOITÍSIMOS PARABÉNS ! ! !

     Máis información no blog da nosa Biblioteca:

https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2017/05/contame-un-conto-vecino-2017-relacion.html


SIGAMOS CREANDO ! ! !      SIGAMOS AVANZANDO ! ! !


viernes, 5 de mayo de 2017

CONCERTO FAMILIAR 25 ANIVERSARIO DA BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE BARRO

     Que concerto tan bonito ! ! ! 

     Pasámolo moi pero que moi ben ! ! !


     Gustounos moitísimo cantar coa Banda no seu 25 Aniversario ! ! !

MOITAS GRAZAS ! ! !

MOITOS PARABÉNS ! ! !

     No blog da Biblioteca podedes mirar un vídeo chulísimo do concerto. Premede aquí:





     

sábado, 29 de abril de 2017

OBRADOIRO "XOGOS COA RECICLAXE"

Os cativos e cativas de 1º e 2º recibiron a visita de María, mestra do CEIDA que nos trouxo á biblioteca do cole o "Xogo da miñoca" co que pasamos unha mañá moi divertida ao tempo que aprendimos moitas cousas sobre a compostaxe e lembramos tamén a importancia de reciclar e separar os resíduos.
No blog da biblioteca podedes ver o vídeo resumo desta actividade e das que desenvolveron ao longo desta semana.

sábado, 8 de abril de 2017

Día Mundial da Saúde

O Alumnado de 2º curso participou na actividade "Valores en Saúde 2.0" promovido polo Concello de Barro en colaboración coa Consellería de Sanidade dentro do Programa de Prevención de Drogodependencias e Conductas Adictivas.
Como parte desta actividade participaron no "I Certame de Debuxos Saudables" do que resultou gañadora Elisa Figueiro.
O seu debuxo é a portada do díptico que con motivo da conmemoración do Día Mundial da Saúde, o 7 de Abril,  publicou o Concello de Barro.
O alcalde de Barro, Xosé M. Fernández Abraldes, e Julia Búa, encargada deste proxecto no noso concello, estiveron no día de onte no noso centro para facer entrega do diploma acreditativo e agasallaron cun libro á aula pola súa labor.


miércoles, 21 de diciembre de 2016

O APALPADOR

Hoxe escoitamos o conto na biblioteca do cole. Aprendimos tamén a súa canción.
Escoitádea e practicade.

martes, 25 de octubre de 2016