martes, 21 de diciembre de 2021

FIN DO 1º TRIMESTRE

Para celebrar o fin do 1º trimestre e a chegada da época máis máxica do ano, o alumnado de 2º de Primaria tivo un último día de clase moi especial. Fixeron unha chea de actividades diversas como un scape room, xogos de mesa de Nadal, festa de fin de ano, reparto da amizade invisible...

Aquí deixamos un pequeno resumo da súa ledicia: 


lunes, 20 de diciembre de 2021

POSTAIS DE NADAL

O alumnado de 2º de Primaria realizou postais de Nadal para agasallar ás súas compañeiras e compañeiros con mensaxes bonitas e positivas para despedir este 2021:





CONCURSO DE DISFRACES DE NADAL


Co motivo da celebración do Nadal, os nenos e nenas de 2º levaron a cabo un concurso de disfraces. 

Cada un tiña que traer da casa un complemento, unha vestimenta ou un adorno ambientado no Nadal. 

A votación estivo moi rifada xa que todos os disfraces eran espectaculares.

Aquí volos deixamos para que o comprobedes: 


martes, 14 de diciembre de 2021

CREACIÓNS DE NADAL

O alumnado de segundo está metido de cheo na época máis máxica do ano, e para comezar a celebralo fixeron unhas magníficas creacións onde contan a historia dun  Papá Noel ao que se lle cambiou a cor do seu traxe.



miércoles, 24 de noviembre de 2021

COMEZAMOS O CAMIÑO

O alumnado de 2º de Primaria iniciouse na investigación sobre o Camiño de Santiago, que é o noso proxecto anual de centro para este curso. 

Primeiro, cada un nas súas casas, coa colaboración das familias, tivo que investigar sobre diferentes temas vinculados co Camiño: peregrinos, camiños que hai, símboloxía... Posteriormente, explicáronlle aos seus compañeiros e compañeiras toda a información que recolleron. 

Agora están agardando instrucións de Mimi para seguir co traballo. 




lunes, 8 de noviembre de 2021

COÑECÉMONOS POR DENTRO

En 2º de primaria estamos a profundar sobre o coñecemento do noso corpo. Para iso estivemos facendo uns magníficos lapbooks sobre todo o que coñecemos sobre o noso interior. 

A maiores, estivemos traballando cunha camiseta en 3D para poder ver de xeito máis realista como somos por dentro.

Aquí deixamos esta experiencia:











lunes, 25 de octubre de 2021

CHEGOU O OUTONO

O alumnado de segundo entrou de cheo no outono realizando pequenas producións sobre esta bonita estación. 

Aquí volas deixamos: 









sábado, 9 de octubre de 2021

UNHA CARTA, UN SORRISO

O alumnado de 2º acordouse moito dos nenos e nenas da Palma, que están a pasar unhas semanas difíciles por mor da erupción do volcán Cumbre Vieja. E para alegrarlles un pouco os días, decidiron enviar unhas cartas dándolles ánimo. 

Aproveitaron para saber como funciona o procedemento de envío de cartas, e foron eles mesmos os que as deixaron no buzón de correos do Concello. 

Aquí os tedes: 






miércoles, 6 de octubre de 2021

Comezamos na lectura

As nenas e nenos de 1ºA e 1ºB estamos a dar os nosos primeiros pasos na lectura cos contos de letrilandia e tamén coa axuda do monosílabo. 

Deixámosvos aquí esta pequena presentación para que nos coñezades.  

viernes, 25 de junio de 2021

Remata o Club de lectura de 2ºB

Este ano o alumnado de 2ºB  formou parte dun club de lectura moi especial. As nenas e nenos recibiron puntos polos libros que foron lendo e premios se lían moito ou se se superaban a si mesm@s. O máis importante é que todos e todas melloraron moitísimo a lectura! 

Noraboa!!!



martes, 22 de junio de 2021

FELICES VACACIÓNS

Este ano foi un pouco diferente aos demais pero aínda así celebámolo na clase ao noso xeito😍 e pasámolo pipa!! Deixámosvos aquí unha mostra desta mañán da festa na clase de 2ºA. 
Desfrutade dun merecidísimo descanso, fixéchedelo moi ben!!! Grazas por todo, familias!!!

Felices vacacións !!!!



lunes, 21 de junio de 2021

Barrenses Viaxeir@s - Coidamos Barro - O último programa do alumnado de 2º

Os rapaces e rapazas de segundo de primaria culminan o seu proxecto "Barrenses Viaxeir@s" cuns programas finais no que falan da importancia do coidado do noso pobo. En Barro temos grandes atractivos como as fervenzas de Barosa e os petróglifos de Monte Bazar, pero para conservalos é importante coidar o noso medio ambiente. Estades listo para ver os derradeiros vídeos? Aquí os tedes!






ÚLTIMO PROGRAMA BARRENSES VIAXEIR@S

O alumnado de 1º quixo despedir o curso co derradeiro programa de Barrenses Viaxeir@s deste ano. 

Velaquí os froitos:




viernes, 18 de junio de 2021

SAÍDA A MEIS. Ruta da pedra e da auga.

 Como remate deste curso tan atípico, os nenos e nenas de 2º curso de Primaria puideron gozar o pasado mércores, día 16, dunha saída a Meis para percorrer a pé a Ruta da Pedra e da Auga desde o Mosteiro da Armenteira ata os muíños de Meis.


 














  
 
Como remate, antes de volver, achegámosnos a ver o petróglifo do Outeiro de Codeso que está moi preto do noso cole.

 
 

Pasámolo xenial!!

Foi un gran día!!


miércoles, 16 de junio de 2021

SAÍDA A BAROSA


O alumnado de 1º de Primaria celebrou o fin de curso realizando unha saída a Barosa. Alí fixeron unha ruta dende a cascada ata os muíños. E despois, tiveron tempo de xogar e incluso de mollarse un chisquiño no río. 

Pasárono en grande!!! 

Aquí deixamos a proba: