O luns, 29 de maio, as nenas e os nenos de 1º e 2º de Primaria fomos de excursión á Granxa Escola KIRIKO. Alí estivemos en contacto con moitos animais e aprendemos cousas moi interesantes sobre a vida nunha granxa. Encantounos a experiencia de comer todos xuntos o menú do día e tamén desfrutamos coa elaboración propia dunhas saborosas galletas !!!
jueves, 1 de junio de 2023
jueves, 16 de junio de 2022
EXCURSIÓN ILLA CORTEGADA!
Chegou xuño e con el a tan desexada excursión de fin de curso para os nenos e nenas de 2º, que foron á Illa de Cortegada.
Foi un día marabilloso: fomos en bus, aprendemos moito sobre o marisco de Carril, subimos en lancha motora, fixemos sendeirismo mentres coñeciamos especies vexetais e animais da illa, vimos unha árbore máxica chamada Comepedras, comemos de pícnic, bañámonos, xogamos na area e fixo bo día; que máis se pode pedir?
martes, 14 de junio de 2022
EXCURSIÓN AO ACUARIO DO GROVE
Os nenos e nenas de primeiro desfrutaron dun magnífico día de excursión ao acuario do Grove con viaxe en catamarán incluída.⛵
martes, 22 de junio de 2021
FELICES VACACIÓNS
martes, 22 de diciembre de 2020
DESPEDIMOS O TRIMESTRE
As nenas e nenos de 1º quixeron despedir o trimestre por todo o alto: celebrando unha festa pre fin de ano. Ademais, tiveron unha mensaxe sorpresa de Papá Noel que lles fixo moita ilusión.
E, aínda que este ano foi moi diferente pola situación epidemiolóxica que estamos a vivir, desfrutárono moito. Aquí deixamos as probas:
Vémonos á volta!
Boas festas!!!
sábado, 24 de octubre de 2020
COMEZAMOS
O alumnado de 1º de Primaria comezou o curso con moitas ganas e ilusión. Unha das primeiras cousas que fixeron foi traballar as palabras máxicas da educación.
Para iso, falamos en asemblea da necesidade de ter mostras de educación diarias e cales eran aquelas palabras que tiñamos que ter no noso vocabulario un día si e outro tamén. As conclusións ás que chegamos mostrámovolas de seguido:



.jpg)
.jpg)










