Mostrando entradas con la etiqueta medioambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medioambiente. Mostrar todas las entradas

sábado, 1 de febrero de 2025

2-F día da Candeloria

 Como ben sabedes, o 2 de febreiro celébrase o día da Candeloria, a festa da luz o día en que casan os paxariños...son moitas as tradicións relacionadas con esta data. 

 No cole gústanos celebrala como o día no que casan os paxariños, tradición oral que foi pasando de avós a netos e que nós querevos preservar.

Este ano, para conmemorar esta data, fixemos unhas casiñas de paxaros con material de refugallo. Casiñas que agardamos a mellor tempo para colgar no patio. 

 

Velaí vai unha montaxe ben fermosa do noso traballo!!!


 

 

 

lunes, 3 de junio de 2024

E ti...canto sabes de guepardos?

 Hoxe, as nenas e os nenos de primeiro de primaria do cole podemos presumir que sabemos un pouco máis de guepardos, grazas á visita de Rubén Portas (padriño de Manu de 1ºB). 

Rubén tivo a amabilidade de vir pasar con nós unhas horiñas para falar do seu interesante traballo. Vive en Namibia e forma parte do "Proxecto Guepardo", do Instituto Leibniz de Berlín. A súa labor consiste en censar a poboación desta especie, investigar as súas costumes e colaborar na súa protección, posto que é un animal en perigo de extinción.

Durante a súa charla puidemos aprender a diferenzar guepardos e leopardos, explicounos polo miúdo que se fai cun guepardo cando é capturado para o seu estudo, como se coloca un colar con GPS, e se lle extraen mostras de sangue. E como, ao rematar, se administra un antídoto para que esperte.


A través do visionado de vídeos observamos escenas deste gran felino en estado de liberdade. Tamén nos explicou a importancia de preservar o hábitat natural de todos os seres vivos.


Moitas grazas, Rubén, por vir compartir con nós a túa labor e o teu saber.

 Grazas por achegarnos un pedaciño de África en forma de guepardo!

 

jueves, 16 de junio de 2022

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE

Seguindo coa celebración do Día do Medio Ambiente os nenos e nenas de 2º realizaron nas súas casas uns magníficos xoguetes, feitos con materiais reutilizados. Aquí deixamos unha mostra:




Moitísimas grazas, familias!!!

Ademais, un ano máis, saíron a recoller lixo pola contorna do centro e, como se pode ver, recolleron máis do esperado: 




EXCURSIÓN ILLA CORTEGADA!

Chegou xuño e con el a tan desexada excursión de fin de curso para os nenos e nenas de 2º, que foron á Illa de Cortegada.

Foi un día marabilloso: fomos en bus, aprendemos moito sobre o marisco de Carril, subimos en lancha motora, fixemos sendeirismo mentres coñeciamos especies vexetais e animais da illa, vimos unha árbore máxica chamada Comepedras, comemos de pícnic, bañámonos, xogamos na area e fixo bo día; que máis se pode pedir?



martes, 14 de junio de 2022

EXCURSIÓN AO ACUARIO DO GROVE

Os nenos e nenas de primeiro desfrutaron dun magnífico día de excursión ao acuario do Grove con viaxe en catamarán incluída.⛵

Para comezar o día, fixemos unha rutiña en barco pola ría. A brisa do mar, as gaivotas que nos seguían, a música, o visionado do fondo mariño e a explicación dos monitores fixeron que a travesía fora unha experiencia moi agradable e inesquecible.

Unha vez en terra, dirixímonos ao Acuario 🐠onde vimos moitas especies mariñas e enterámonos de moitísimas cousas interesantes sobre elas. 

Por último, voltamos en bus para o colexio, despois de pasar un día marabilloso.

Velaquí algúns momentos compartidos!!!


martes, 31 de mayo de 2022

"UNHA SOA TERRA"

Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, o alumnado de 2º realizou un fermoso mural con materiais reutilizados baixo o lema 

"UNHA SOA TERRA"

Ademais, desenvolveron outras actividades en relación a esta data conmemorativa tan importante. Prestade moita atención, xa que durante esta semana compartirémolas con vós.

lunes, 21 de junio de 2021

Barrenses Viaxeir@s - Coidamos Barro - O último programa do alumnado de 2º

Os rapaces e rapazas de segundo de primaria culminan o seu proxecto "Barrenses Viaxeir@s" cuns programas finais no que falan da importancia do coidado do noso pobo. En Barro temos grandes atractivos como as fervenzas de Barosa e os petróglifos de Monte Bazar, pero para conservalos é importante coidar o noso medio ambiente. Estades listo para ver os derradeiros vídeos? Aquí os tedes!






viernes, 18 de junio de 2021

SAÍDA A MEIS. Ruta da pedra e da auga.

 Como remate deste curso tan atípico, os nenos e nenas de 2º curso de Primaria puideron gozar o pasado mércores, día 16, dunha saída a Meis para percorrer a pé a Ruta da Pedra e da Auga desde o Mosteiro da Armenteira ata os muíños de Meis.


 














  
 
Como remate, antes de volver, achegámosnos a ver o petróglifo do Outeiro de Codeso que está moi preto do noso cole.

 
 

Pasámolo xenial!!

Foi un gran día!!


lunes, 9 de diciembre de 2019

Rematamos o proxecto do outono!


O alumnado de 1ºA e de 1ºB estivo traballando durante estas semanas nun interesantísimo proxecto sobre o outono, indagando acerca das intereses e curiosidades que os propios rapaces e rapazas amosaron inicialmente: por que chove máis, cal é a orixe do Magosto, que alimentos temos no outono, como se comportan os animais no outono, por que as árbores perden as follas... 

Tras unha profunda investigación, os diferentes grupos realizaron "lapbooks" ou libros de solapas nos que amosan dun xeito diferente e innovador todo o que aprenderon. Decidimos colgar estes "lapbooks" nos corredores do cole e incluso poñerlles un código QR para acceder ao blog, de forma que podamos compartir aínda máis as nosas aprendizaxes e os nosos descubrimentos! 

Ademais, os diferentes grupos empregaron as tablets da biblio para gravar vídeos nos que explican todo o que aprenderon e realizaron.

1ºA:





1ºB:





LAPBOOKS DO OUTONO

Despois de moito traballar e investigar, recollemos en distintos lapbooks a información do que queriamos saber do outono: Por que se caen as follas? Por que baixa a temperatura? Por que cambian de cor as follas? Por que caen os ourizos dos castiñeiros no outono?

EXPERIMENTAMOS NAS CIENCIAS



Neste trimestre estivemos investigando sobre o outono. Como estabamos moi interesados/as en saber o motivo do cambio de cor das follas nesta estación do ano, fixemos un experimento para separar os pigmentos das follas do outono. Puidemos ver que estas follas perden a clorofila e as follas verdes tamén teñen pigmentos amarelos pero a clorofila os enmascara.