lunes, 22 de junio de 2026

SAÍDA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPOLAMEIRO

O pasado día 12, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria pasamos un día estupendo e cheo de actividades no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro.

Paseamos polos sendeiros do Parque e puidemos mirar a recreación das cabanas dun poboado e aprender tamén sobre os distintos grabados rupestres mirando algúns petróglifos. Amosáronnos tamén como facían lume, pois ... na prehistoria non tiñan chisqueiros.
Tivemos tempo tamén para explorar no laberinto que hai no parque e de facer unha curat visita ao museo.





Ademais tivemos a oportunidade de realizar dous obradoiros moi interesantes:

"As cores da prehistoria" é un obradoiro no  que aprendimos como conseguían tintes e distintas cores a partir de minerais, rochas e outros materiais. Despois fixemos un gran mural empregando algunha desas cores.



"Obradoiro de cerámica" no que aprendimos a modelar con barro un pequeno tarro que levamos despois para o colexio, deixámolo secar unha semaniña e finalmente foi para casa. Mirade que chulos nos quedaron.




Foi unha xornada moi proveitosa e gozámola un montón!





No hay comentarios:

Publicar un comentario