jueves, 29 de abril de 2021

ZOO VIRTUAL DE BARRO

Seguindo co proxecto deste curso, "Barrenses Viaxeir@s", o alumnado de 1º e 2º de Primaria creou un zoo virtual que está situado no arboredo próximo ao colexio. 

Se vos animades a visitalo, veredes que en cada un dos paneis, clasificados por continentes, atópase información das diferentes especies amosadas e dous códigos QR. Escaneándoos poderedes ver un vídeo no que os rapaces e rapazas explican curiosidades acerca do animal e, por outra parte, ver o animal en realidade aumentada e, incluso, interactuar e sacarvos unha foto con el!

Aquí deixamos un pequeno resumo do que podedes ver, e como o alumnado destes cursos gozou do traballo feito:

Queremos agradecer a colaboración e a implicación do Concello por proporcionarnos os recursos que nos permitiron conseguir este gran resultado. Por outra parte, tamén agradecemos a Breixo, alumno de 2ºB, e á súa familia a gran axuda á hora de confeccionar os carteis dos continentes.