lunes, 22 de junio de 2026

SAÍDA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPOLAMEIRO

O pasado día 10, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria pasamos un día estupendo e cheo de actividades no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro.

Paseamos polos sendeiros do Parque e puidemos mirar a recreación das cabanas dun poboado e aprender tamén sobre os distintos grabados rupestres mirando algúns petróglifos. Amosáronnos tamén como facían lume, pois ... na prehistoria non tiñan chisqueiros.
Tivemos tempo tamén para explorar no laberinto que hai no parque e de facer unha curat visita ao museo.





Ademais tivemos a oportunidade de realizar dous obradoiros moi interesantes:

"As cores da prehistoria" é un obradoiro no  que aprendimos como conseguían tintes e distintas cores a partir de minerais, rochas e outros materiais. Despois fixemos un gran mural empregando algunha desas cores.



"Obradoiro de cerámica" no que aprendimos a modelar con barro un pequeno tarro que levamos despois para o colexio, deixámolo secar unha semaniña e finalmente foi para casa. Mirade que chulos nos quedaron.




Foi unha xornada moi proveitosa e gozámola un montón!





sábado, 14 de febrero de 2026

ESTAMOS DE ENTROIDO

Durante este curso, o PDI que desenvolvemos no centro é "NovenArte - BD" sobre a banda deseñada ou cómic; con tal motivo o xoves, nas aulas de 1º e 2º de Primaria vestímonos coma as personaxes da coñecidísima serie : Os Pitufos.

Mirade que ben luciamos:  



Como remate desta semana de entroido, o venres celebrámolo todos xuntos no centro e gozámolo moito pois cadaquén viña co seu disfraz favorito.

 

Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración!

Viva o entroido!

 

viernes, 6 de junio de 2025

Curta de cine mudo

 Ao longo do trimestre, estivemos traballando os inicios do cine, enmarcado no proxecto de centro "Cine de Barro". Para rematalo, coa axuda do auxiliar de conversa, Max, gravamos unha curta de cine mudo relacionada con Charles Chaplin.

Así que... tomade asento e poñédevos cómodas e cómodos!! Cine e acción!!!!!!

 


 

 Encantounos ser actrices e actores por un día!!!!

 Grazas profe Max pola túa axuda!!!!! 

 

miércoles, 4 de junio de 2025

A nosa horta

 Durante estas últimas semanas, as aulas de segundo puidemos levar a cabo un proxecto que levabamos rumiando dende o inicio deste curso: ter unha hortiña escolar. Grazas ao bo facer da ANPA, puidemos iniciar este proxecto.

 


Plantamos: tomates, leitugas, batatas e fresas...e como sabemos que as flores son importantes para atraer polinizadores, tamén plantamos semprevivas, caléndulas e diversas aromáticas.

       

 Coidámola todos os días: regamos, miramos que os froitos medren correctamente, arrincamos algunha herba...tamén invitamos a irse a algún caracol que devece por comer as nosas leitugas...

 Para recoñecer ben as plantas, elaboramos carteis cos seus nomes...en tres idiomas!!



 E...mirade!! 

Xa recolectamos os nosos primeiros froitos!!!


jueves, 29 de mayo de 2025

Saída de fin de curso: Ecogranxa Atalaia

     O pasado luns fixemos a nosa excursión de fin de curso. O destino foi a Ecogranxa Atalaia. Ademais dunha contorna espectacular en plena natureza, puidemos realizar 4 obradoiros: "bautismo hípico", "granxeiro", "plantamos na horta" e "xincana".

     Deixámosvos un resumo fotográfico deste día tan completo!!





 
PASÁMOLO XENIAL!!!! 


viernes, 16 de mayo de 2025

DÍA DA FAMILIA

 Onte foi o Día Internacional da Familia, para conmemoralo,  nas aulas de segundo elaboramos unha fermosa tarxeta cunha sorpresiña...

 No interior da mesma había un cachiño de papel-cartón reciclado por nós mesmos que levaba unhas sementes de margaridas para plantar nun lugar especial en familia. 

 


                                        Así de felices posamos coas nosas tarxetas!! 

FELIZ DÍA DA FAMILIA!!


 

martes, 8 de abril de 2025

Lapbook "Os animais"

 Ao longo do trimestre o traballo de Ciencias Naturais nas aulas de segundo centrouse en contidos de fauna e flora. Como somos unhas apaixonadas e apaixonados dos animais, decidimos facer un traballo investigación sobre a clasificación dos animais. Plasmámolo nestes lapbooks que agora mostramos:

 




                                        CANTO APRENDEMOS!!!