Durante estas últimas semanas, as aulas de segundo puidemos levar a cabo un proxecto que levabamos rumiando dende o inicio deste curso: ter unha hortiña escolar. Grazas ao bo facer da ANPA, puidemos iniciar este proxecto.
Plantamos: tomates, leitugas, batatas e fresas...e como sabemos que as flores son importantes para atraer polinizadores, tamén plantamos semprevivas, caléndulas e diversas aromáticas.
Coidámola todos os días: regamos, miramos que os froitos medren correctamente, arrincamos algunha herba...tamén invitamos a irse a algún caracol que devece por comer as nosas leitugas...
Para recoñecer ben as plantas, elaboramos carteis cos seus nomes...en tres idiomas!!
E...mirade!!
Xa recolectamos os nosos primeiros froitos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario