O alumnado de 1º e 5º de Primaria puxo en común os resultados dos seus últimos proxectos, nos que aprenderon a importancia da hixiene bucodental e dunha boa alimentación.
Os nenos e as nenas de 1º elaboraron uns cartaces con sinxelos consellos acerca do coidado dos dentes que serán expostos no comedor escolar, pero antes quixeron amosarllos ao alumnado de 5º, que tamén está a traballar esta temática.
Ao mesmo tempo, os rapaces e as rapazas de 5º explicáronlle aos máis pequenos e ás máis pequenas a pirámide alimentaria cun vistoso mural.
Finalmente, os maiores fixéronnos entrega do libro que elaboraron acerca das árbores de Barro, que servirá como punto de partida para o noso seguinte proxecto: as plantas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario