Hoxe conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e, en 2º de Primaria, non quixemos deixar pasar a oportunidade de lembrar a eses heroes e a esas heroínas que nos poden ensinar tanto da vida.
Tivemos o pracer e o luxo de entrevistar a un deses heroes, Pablo Cimadevila. Pablo é un nadador paralímpico pontevedrés que gañou múltiples medallas en campionatos europeos, mundiais e Xogos Paralímpicos e que agora desfruta dedicándose ao deseño de xoiería, outra das súas paixóns, na que é tan bo como nadando! Se queredes comprobalo, podedes acceder á súa canle de YouTube, na que conta con nada menos que 4´5 millóns de subscriptores!!! 😳😱
Deixámovos por aquí algunhas das imaxes da conmemoración e un fragmento da entrevista con Pablo Cimadevila que serve para amosarnos a súa calidade humana.
Moitísimas grazas Pablo pola "clase de vida" que, coma ti mesmo dixeches, é aínda máis importante que unha clase de matemáticas ou de lingua. Quedou claro que es moi bo nadador e moi bo deseñador de xoias, pero o que é máis importante é que es unha persoa marabillosa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario