Durante este mes de febreiro e con motivo da celebración do "día internacional da muller e da nena na ciencia", que se conmemora o 11 de febreiro, nas aulas de segundo imos realizar diferentes experimentos.
O primeiro deles está relacionado co tema do ciclo da auga. A través deste experimento podemos ver de primeira man como a auga se evapora e volve caer coa baixada de temperatura.
Primeiro debuxamos unha paisaxe con auga nunha bolsa de plástico.
Despois botamos auga e colorante, e pegámolas nas ventás para que reciban o calor do sol.
Agora toca agardar e ver que sucede!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario