martes, 23 de diciembre de 2014
lunes, 15 de diciembre de 2014
jueves, 20 de noviembre de 2014
lunes, 3 de noviembre de 2014
O SAMAIN
VISITA DOS NENOS-AS DE 3º CURSO

Os nenos-as de 3º curso compartiron con nós o seu traballo sobre os volcáns.
.jpg)
O OUTONO
sábado, 25 de octubre de 2014
O SAMAÍN
Que chula esta cantiga do Samaín!
O retrouso di así:
Samaín,
o misterio chega por Samaín,
as cabazas, os morcegos,
bruxas polo ceo,
o misterio chega por Samaín.
Cantámola?
O retrouso di así:
Samaín,
o misterio chega por Samaín,
as cabazas, os morcegos,
bruxas polo ceo,
o misterio chega por Samaín.
Cantámola?
viernes, 26 de septiembre de 2014
RECOLLIDA DE TAPÓNS
O pasado luns 22 de setembro os nenos e nenas de 1º e 2º curso asistiron na biblioteca do cole a umha charla sobre a recollida solidaria de tapóns.
Chus, membro da Fundación Amigos de Galicia, nos explicou como podemos axudar a todos eses nenos e nenas cos que eles colaboran cun feito tan sinxelo como a recollida de tapóns de plástico.
jueves, 19 de junio de 2014
OS CASTELOS E A HISTORIA
As titorías de 2ºA e 2º B completamos o noso proxecto de historia coa elaboración destes fabulosos castelos que quixemos donar á Biblioteca do cole. Podedes apreciar nestas fotografías que ben pintan!
lunes, 16 de junio de 2014
miércoles, 4 de junio de 2014
viernes, 23 de mayo de 2014
Estivemos con Sés
O pasado 21 de maio estivo no noso cole a cantautora coruñesa Mª Xosé Silvar, SÉS, recollendo o VI Premio MIMI.
Nós, os nenos e nenas do 1° ciclo estivemos con ela.
Aquí vos deixamos unhas fotos que nos fixemos con ela e ata o autógrafo que nos adicou.
E se queredes ver o video de como nos "prestou", botádelle unha ollada.
Nós, os nenos e nenas do 1° ciclo estivemos con ela.
Aquí vos deixamos unhas fotos que nos fixemos con ela e ata o autógrafo que nos adicou.
E se queredes ver o video de como nos "prestou", botádelle unha ollada.
lunes, 19 de mayo de 2014
VI Premio MIMI: SÉS
Na VI edición dos Premios MIMI resultou gañadora a cantautora coruñesa Mª Xosé Silvar, aínda que todos vos a coñecedes co nome de SÉS.

martes, 13 de mayo de 2014
domingo, 11 de mayo de 2014
ESA LUS: CANCIÓN PARA DÍAZ CASTRO
O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz agasállannos con esta canción titulada "ESA LUS", que lle adican ao poeta Xosé María Díaz Castro:
jueves, 8 de mayo de 2014
Con Díaz Castro
O poeta Xosé María Díaz Castro é o autor homenaxeado este ano co Día
das Letras Galegas. Paco Nogueiras ríndelle homenaxe con esta canción
Letras Galegas 2014
O poeta Xosé María Díaz Castro é o autor homenaxeado nestas Letras Galegas.

Se queres coñecer algo da súa historia e obra visita a seguinte páxina
Pincha aquí
Se queres coñecer algo da súa historia e obra visita a seguinte páxina
Pincha aquí
martes, 8 de abril de 2014
From Head to Toe
Esta é a canción e o conto que estamos a traballar na Sección Bilingüe no 1º ciclo e tamén na Aula de Inglés. Trátase dunha historia escrita e ilustrada por Eric Carle. Autor doutras historias moi coñecidas e traballadas en anos anteriores : "The very hungry caterpillar" (A eiruga larpeira), "Brown bear, brown bear what do you see?" entre outras
lunes, 7 de abril de 2014
Cámbiocho por un libro

Estrela recíbenos na biblioteca.
Os nenos e nenas de 1º curso de Primaria visitamos a biblioteca do cole para ver a Estrela.
Estrela é a protagonista do libro "Ás de mosca para Anxo" da escritora pontevedresa Fina Casalderrey e no que baseamos o proxecto de lecto-escritura de este curso no colexio.
Estrela apareceu un día nunha aula de E.Infantil e desde o inicio deste trimestre nos estaba esperando na biblioteca.
Alí os encargados do día leron a carta que Estrela lles deixou.
Estrela é a protagonista do libro "Ás de mosca para Anxo" da escritora pontevedresa Fina Casalderrey e no que baseamos o proxecto de lecto-escritura de este curso no colexio.
Estrela apareceu un día nunha aula de E.Infantil e desde o inicio deste trimestre nos estaba esperando na biblioteca.
Alí os encargados do día leron a carta que Estrela lles deixou.
jueves, 3 de abril de 2014
martes, 1 de abril de 2014
lunes, 17 de marzo de 2014
martes, 18 de febrero de 2014
lunes, 17 de febrero de 2014
O OUTONO
jueves, 2 de enero de 2014
De paseo por Pontevedra
De paso que fumos ver a obra de teatro "A nena e o grilo nun barquiño" aproveitamos e percorremos a fermosa zona antiga de Pontevedra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)