O pasado luns fixemos a nosa excursión de fin de curso. O destino foi a Ecogranxa Atalaia. Ademais dunha contorna espectacular en plena natureza, puidemos realizar 4 obradoiros: "bautismo hípico", "granxeiro", "plantamos na horta" e "xincana".
Deixámosvos un resumo fotográfico deste día tan completo!!
Ao longo do trimestre o traballo de Ciencias Naturais nas aulas de segundo centrouse en contidos de fauna e flora. Como somos unhas apaixonadas e apaixonados dos animais, decidimos facer un traballo investigación sobre a clasificación dos animais. Plasmámolo nestes lapbooks que agora mostramos:
O luns, 29 de maio, as nenas e os nenos de 1º e 2º de Primaria fomos de excursión á Granxa Escola KIRIKO. Alí estivemos en contacto con moitos animais e aprendemos cousas moi interesantes sobre a vida nunha granxa. Encantounos a experiencia de comer todos xuntos o menú do día e tamén desfrutamos coa elaboración propia dunhas saborosas galletas !!!
Seguindo co proxecto deste curso, "Barrenses Viaxeir@s", o alumnado de 1º e 2º de Primaria creou un zoo virtual que está situado no arboredo próximo ao colexio.
Se vos animades a visitalo, veredes que en cada un dos paneis, clasificados por continentes, atópase información das diferentes especies amosadas e dous códigos QR. Escaneándoos poderedes ver un vídeo no que os rapaces e rapazas explican curiosidades acerca do animal e, por outra parte, ver o animal en realidade aumentada e, incluso, interactuar e sacarvos unha foto con el!
Aquí deixamos un pequeno resumo do que podedes ver, e como o alumnado destes cursos gozou do traballo feito:
Queremos agradecer a colaboración e a implicación do Concello por proporcionarnos os recursos que nos permitiron conseguir este gran resultado. Por outra parte, tamén agradecemos a Breixo, alumno de 2ºB, e á súa familia a gran axuda á hora de confeccionar os carteis dos continentes.
Moi boas a todos e a todas, chegou á hora de poñer o punto e final ao curso. Non é o final soñado por ninguén, pero a profe Ana e o profe Miguel non queremos irnos sen despedirnos e sen agradecervos todo o voso esforzo, paciencia e dedicación. Tedes moito mérito, tanto o alumnado como as familias, pois sen vós nada disto sería posible.
Por iso, decidimos investir un pouquiño máis de tempo e esforzo nestes últimos vídeos, os do telexornal, que creamos coas aportacións dos reporteiros e reporteiras máis guais que podía haber. Como a participación foi tan alta, para evitar que nos quedase un vídeo longuísimo, decidimos facer dous telexornais, un de 1ºA e outro de 1ºB. Aínda así, non son curtos, pero creo que vos pode valer a pena velos ata o final, pois están feitos con moitísimo cariño e teñen algunha que outra sorpresa.