O vídeo de 2ºB foi actualizado con algúns fragmentos engadidos que non podían quedar no tinteiro, esperemos que vos guste o resultado final!
jueves, 24 de junio de 2021
lunes, 21 de junio de 2021
Barrenses Viaxeir@s - Coidamos Barro - O último programa do alumnado de 2º
Os rapaces e rapazas de segundo de primaria culminan o seu proxecto "Barrenses Viaxeir@s" cuns programas finais no que falan da importancia do coidado do noso pobo. En Barro temos grandes atractivos como as fervenzas de Barosa e os petróglifos de Monte Bazar, pero para conservalos é importante coidar o noso medio ambiente. Estades listo para ver os derradeiros vídeos? Aquí os tedes!
ÚLTIMO PROGRAMA BARRENSES VIAXEIR@S
O alumnado de 1º quixo despedir o curso co derradeiro programa de Barrenses Viaxeir@s deste ano.
Velaquí os froitos:
jueves, 29 de abril de 2021
ZOO VIRTUAL DE BARRO
Seguindo co proxecto deste curso, "Barrenses Viaxeir@s", o alumnado de 1º e 2º de Primaria creou un zoo virtual que está situado no arboredo próximo ao colexio.
Se vos animades a visitalo, veredes que en cada un dos paneis, clasificados por continentes, atópase información das diferentes especies amosadas e dous códigos QR. Escaneándoos poderedes ver un vídeo no que os rapaces e rapazas explican curiosidades acerca do animal e, por outra parte, ver o animal en realidade aumentada e, incluso, interactuar e sacarvos unha foto con el!
Aquí deixamos un pequeno resumo do que podedes ver, e como o alumnado destes cursos gozou do traballo feito:
Queremos agradecer a colaboración e a implicación do Concello por proporcionarnos os recursos que nos permitiron conseguir este gran resultado. Por outra parte, tamén agradecemos a Breixo, alumno de 2ºB, e á súa familia a gran axuda á hora de confeccionar os carteis dos continentes.
jueves, 25 de marzo de 2021
Xa están aquí os novos programas de "Barrenses viaxeir@s" do alumnado de segundo!
Ao longo deste segundo trimestre estivemos investigando acerca dos seres vivos coa axuda do profe en prácticas Miguel. Tras moito investigar, as nenas e nenos de segundo quixeron contarlle á nosa fiel audiencia todo o que aprenderon!
miércoles, 17 de febrero de 2021
2º PROGRAMA BARRENSES VIAXEIR@S
Despois de traballar as distintas partes do cole e cal é a función de toda a xente que traballa nel, os nenos e nenas de 1º creamos o 2º programa de BARRENSES VIAXEIR@S.
Aquí o deixamos:
Moitísimas grazas a todas as persoas que colaborastes!!!
lunes, 21 de diciembre de 2020
Barrenses viaxeir@s - "A organización e os oficios de Barro" (2ºA e 2ºB)
Xa están aquí os vídeos do segundo programa de "Barrenses Viaxeir@s". Durante as últimas semanas, o alumnado de segundo estivo investigando acerca de como se organiza Barro e que oficios hai na nosa vila. Aqui tendes o resultado! Esperamos que vos guste!
miércoles, 2 de diciembre de 2020
Barrenses Viaxeir@s: "Mergullámonos no noso corpo"
Este curso, o alumnado de 1º mergullouse nun proxecto televisivo, "Barrenses Viaxeir@s" así se chama.
Nel, os nenos e nenas irán periodicamente presentando programas que se ambientan en Barro e a súa contorna. O primeiro dos programas xa está listo para vós. Aquí volo deixamos:
Prestade moita atención pois o próximo xa o temos en marcha!
2º de primaria: Xa está aquí o programa "Barrenses Viaxeir@s", esta vez sobre os deportes de Barro!
O alumnado de 2º está traballando nun proxecto que consiste na rodaxe dun “programa de televisión” chamado “Barrenses Viaxeir@s”. En cada episodio, achegarémonos ao noso pobo dende un punto de vista concreto e, nesta primeira ocasión, centrámonos nos deportes do noso Concello.
Podedes ver aquí dous fantásticos programas da man duns reporteiros e reporteiras moi especiais! Esperamos que vos gusten!