lunes, 13 de noviembre de 2023

SAÍDA CONCERTO ODAIKO EN ABANCA

Hoxe, as  aulas de primeiro e segundo de primaria do noso cole fomos a desfrutar da percusión de Odaiko no Auditorio de Afundación en Pontevedra. Pasámolo moi ben, mirade as nosas caras de ledicia!

 
Durante a actuación, os músicos pediron voluntarios, o noso compañeiro Kevin subiu ao escenario, mirade que profesional coa baqueta!
 
 
 
 
Deixámosvos unha foto de grupo, somos taaaan riquiños!!!
 



CESTIÑAS DE MAGOSTO

No primeiro ciclo fixemos unhas fermosas cestiñas para coller as castañas para a celebración do magosto do noso cole.

Utilizamos material de refugallo e son reutilizables cantas veces necesitemos, somos ben listiños!!

 

 

 

viernes, 3 de noviembre de 2023

SAMAÍN EN PRIMEIRO!

O 31 de outubro conmemoramos o Samaín no colexio. Nas aulas de primeiro estivemos toda esta semana traballando e aprendendo moitas cousas que teñen que ver co Samaín, tradición ancestral galega. Todo o que aprendemos plasmámolo nuns libriños temáticos do samaín, e o vocabulario máis representativo escribímolo nun despregable de cabaza. Deixámosvos unhas fotografías que mostran o ben que pasamos!