Mostrando entradas con la etiqueta Vídeo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeo. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de octubre de 2022

A VENDIMA E O OUTONO

 A VENDIMA E O OUTONO

Como moitas nenas e nenos colaboramos na vendima coas nosas familias, estivemos buscando información sobre esta actividade tan importante no noso concello. Investigamos sobre a vide, nomes de variedades de uva, aparellos, maquinaria que se utiliza e, ademais do viño, que outras elaboracións podemos facer coas uvas.

Tamén estivemos a falar do outono e as colleitas que se levan a cabo nesta época do ano (recollemos o millo, as fabas, as cabazas...) E, de paso, aprendimos poesías, adiviñas e refráns sobre a vendima e o outono.

Aquí podedes escoitalas:






sábado, 19 de diciembre de 2020

Coñecemos os lugares de Barro e os seus oficios xogando co Beebot!

Os rapaces e rapazas de 2º A e 2º B repasaron os oficios de Barro dun xeito moi divertido: xogando co noso particular robot - abella, o Beebot! Un xogo divertido e completo!

No seguinte vídeo podedes ver en que consiste e o ben que o pasaron:



sábado, 24 de febrero de 2018

UNHA ROSA PARA ROSALÍA

Nas aulas de 2º curso preparamos esta divertida coreografía para bailar e compartir na "Hora de ler" pola conmemoración do Día de Rosalía. 
Amosamos neste videoclip o tema "Rosa" de Roi Casal, interpretado por Silvia Ferre, coa letra do poema de Rosalía de Castro.


Podedes ver as actividades que fixemos no cole sobre Rosalía de Castro durante esta semana no blog da biblioteca.

Feliz Día de Rosalía!

viernes, 5 de mayo de 2017

CONCERTO FAMILIAR 25 ANIVERSARIO DA BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE BARRO

     Que concerto tan bonito ! ! ! 

     Pasámolo moi pero que moi ben ! ! !


     Gustounos moitísimo cantar coa Banda no seu 25 Aniversario ! ! !

MOITAS GRAZAS ! ! !

MOITOS PARABÉNS ! ! !

     No blog da Biblioteca podedes mirar un vídeo chulísimo do concerto. Premede aquí: