Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Música. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de noviembre de 2024

25 N

     Estes días estivemos traballando nun mural colaborativo de infantil e primaria,  con motivo do 25 de novembro no que conmemoramos o "Día Internacional pola eliminación de todas as violencias contra a Muller". 

    O motivo central do mural é o verso "florecer nas espiñas", da canción "Cruel filosofía" da Banda da Loba, canción que traballamos na aula de música con motivo do 25N.

    Tamén elaboramos uns pequenos traballos onde se recollen fermosas palabras que non debemos esquecer nunca: respecto, diálogo, convivencia, igualdade...


    Por último, tras o acto diante do Concello, quixemos facer unha foto coas bolsas tan chulas que nos regalaron e que levan o lema "o amor non é ferir. Non sexas machista", para lembrarnos todos os días a necesidade de eliminar todo tipo de violencia contra a muller.




lunes, 13 de noviembre de 2023

SAÍDA CONCERTO ODAIKO EN ABANCA

Hoxe, as  aulas de primeiro e segundo de primaria do noso cole fomos a desfrutar da percusión de Odaiko no Auditorio de Afundación en Pontevedra. Pasámolo moi ben, mirade as nosas caras de ledicia!

 
Durante a actuación, os músicos pediron voluntarios, o noso compañeiro Kevin subiu ao escenario, mirade que profesional coa baqueta!
 
 
 
 
Deixámosvos unha foto de grupo, somos taaaan riquiños!!!
 



lunes, 2 de diciembre de 2019

A NENA E O GRILO

O musical A nena e o grilo de Magín Blanco e Teatro Ghazafellos fixo hoxe as ledicias do noso alumnado de 1º e 2º Primaria cunha divertida historia sobre a amizade, a tolerancia e a superación dos medos, desenvolvida na Sede Afundación de Pontevedra.


Logo do espectáculo, o grupo merendou na praza da Liberdade e rematou a xornada, como non podía ser doutro xeito nunha mañá tan soleada como a de hoxe, xogando no parque infantil de Campolongo.



Unha saída moi gozosa!!!

martes, 26 de febrero de 2019

EU COCIÑO, TI COCIÑAS?

O noso alumnado de 1º e 2º de Primaria gozou onte, na Sede Afundación de Pontevedra, do marabilloso espectáculo musical de Mamá Cabra `Eu cociño, ti cociñas?´ con ingredientes moi especiais: Boa música, humor, ilusión, paixón e moito, moito amor.


Logo de merendar na Praza da Liberdade, a nosa rapazada pasouno pipa no novo parque infantil de Campolongo.


  

Unha saída redonda!!!

martes, 30 de octubre de 2018

ENTREGA DO X PREMIO MIMI A MAMÁ CABRA

O venres pasado fomos á Nave da Música para a entrega do Premio MIMI a MAMÁ CABRA.

O que máis nos gustou foi cantar e bailar o "Baile da Paz" e "A miña tía", o neno disfrazado de MIMI e sacar fotos con MAMÁ CABRA. Cantan e tocan a mar de ben!

Ata outro día MAMÁ CABRA!!!



Máis información no blog de MIMI:

https://oblogdemimi.blogspot.com/2018/10/entrega-do-x-premio-mimi.html

martes, 5 de diciembre de 2017

A CIRCOPETA DE ODAIKO

     O venres 1 de decembro, os nenos e nenas de 1º e 2º fomos ao Auditorio de Afundación de Pontevedra para ver o musical CIRCOPETA de Odaiko Percussion Group.


     Tratábase de tres músicos que andaban a buscar un circo para tocar e atoparon un paiaso que actuara hai anos no Circopeta, hoxe abandonado. Entón, entre os catro, decidiron volver a poñelo en marcha. 

     Mirade que debuxos tan chulos deles fixeron Iria máis Martín:



     Que risas botamos ! Ademais, fixeron maxia, malabares, teatro de sombras e música, moita e moi boa música con todo tipo de materiais: botellas (botellófono), caldeiros, vasoiras, os zocos que levaban postos . . . E tamén con instrumentos musicais como a marimba, a caixa, o bombo, o charles, os pratos, maracas...


     En moitos momentos da actuación, animáronnos a participar batendo palmas, cos pés e con movementos. Incluso, subiron ao escenario mestres, mestras, nenos e nenas para tocar cancións. O noso compañeiro Diego tivo esa sorte.


Pasámolo moi pero que moi ben!


viernes, 5 de mayo de 2017

CONCERTO FAMILIAR 25 ANIVERSARIO DA BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE BARRO

     Que concerto tan bonito ! ! ! 

     Pasámolo moi pero que moi ben ! ! !


     Gustounos moitísimo cantar coa Banda no seu 25 Aniversario ! ! !

MOITAS GRAZAS ! ! !

MOITOS PARABÉNS ! ! !

     No blog da Biblioteca podedes mirar un vídeo chulísimo do concerto. Premede aquí:





     

martes, 3 de noviembre de 2015

CANTIGA "O NOSO MAGOSTO"

Castañas asadas queremos comer,
castañas asadas que saben moi ben.
Que saben moi ben, que saben moi ben,
castañas asadas queremos comer.

(Preme na imaxe e atoparás o noso magosto musical)


jueves, 28 de mayo de 2015

GRUPO DE DANZAS AMOR RUIBAL

     Andrés, Gonzalo, Nerea e Sonia, do grupo de danzas "Amor Ruibal", estiveron no noso colexio cunha chea de instrumentos bonitísimos. Incluso trouxeron un pelexo que a algún neno lle deu un pouco de noxo tocalo. Claro, como non sabían que a pandeireta, por exemplo, está feita desa pel . . .
     Andrés falounos dos instrumentos e nós atendemos moi curiosos. Pero o mellor era cando tocaba e nós cantabamos e levabamos o ritmo batendo palmas. Algúns nenos tiveron a sorte de probar coa pandeireta, as cunchas ou o bombo.
   
     ¡ ¡ Que ben o pasamos ! !

     ¡ ¡ Graciñas pola visita ! !








sábado, 25 de octubre de 2014

O SAMAÍN

Que chula esta cantiga do Samaín!

O retrouso di así:

Samaín,
o misterio chega por Samaín,
as cabazas, os morcegos,
bruxas polo ceo,
o misterio chega por Samaín.

Cantámola?