lunes, 22 de junio de 2026
SAÍDA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPOLAMEIRO
miércoles, 4 de junio de 2025
A nosa horta
Durante estas últimas semanas, as aulas de segundo puidemos levar a cabo un proxecto que levabamos rumiando dende o inicio deste curso: ter unha hortiña escolar. Grazas ao bo facer da ANPA, puidemos iniciar este proxecto.
Plantamos: tomates, leitugas, batatas e fresas...e como sabemos que as flores son importantes para atraer polinizadores, tamén plantamos semprevivas, caléndulas e diversas aromáticas.
Coidámola todos os días: regamos, miramos que os froitos medren correctamente, arrincamos algunha herba...tamén invitamos a irse a algún caracol que devece por comer as nosas leitugas...
Para recoñecer ben as plantas, elaboramos carteis cos seus nomes...en tres idiomas!!
E...mirade!!
Xa recolectamos os nosos primeiros froitos!!!
jueves, 29 de mayo de 2025
Saída de fin de curso: Ecogranxa Atalaia
O pasado luns fixemos a nosa excursión de fin de curso. O destino foi a Ecogranxa Atalaia. Ademais dunha contorna espectacular en plena natureza, puidemos realizar 4 obradoiros: "bautismo hípico", "granxeiro", "plantamos na horta" e "xincana".
Deixámosvos un resumo fotográfico deste día tan completo!!
viernes, 16 de mayo de 2025
DÍA DA FAMILIA
Onte foi o Día Internacional da Familia, para conmemoralo, nas aulas de segundo elaboramos unha fermosa tarxeta cunha sorpresiña...
No interior da mesma había un cachiño de papel-cartón reciclado por nós mesmos que levaba unhas sementes de margaridas para plantar nun lugar especial en familia.
Así de felices posamos coas nosas tarxetas!!
FELIZ DÍA DA FAMILIA!!
lunes, 3 de junio de 2024
E ti...canto sabes de guepardos?
Hoxe, as nenas e os nenos de primeiro de primaria do cole podemos presumir que sabemos un pouco máis de guepardos, grazas á visita de Rubén Portas (padriño de Manu de 1ºB).
Rubén tivo a amabilidade de vir pasar con nós unhas horiñas para falar do seu interesante traballo. Vive en Namibia e forma parte do "Proxecto Guepardo", do Instituto Leibniz de Berlín. A súa labor consiste en censar a poboación desta especie, investigar as súas costumes e colaborar na súa protección, posto que é un animal en perigo de extinción.
Durante a súa charla puidemos aprender a diferenzar guepardos e leopardos, explicounos polo miúdo que se fai cun guepardo cando é capturado para o seu estudo, como se coloca un colar con GPS, e se lle extraen mostras de sangue. E como, ao rematar, se administra un antídoto para que esperte.
A través do visionado de vídeos observamos escenas deste gran felino en estado de liberdade. Tamén nos explicou a importancia de preservar o hábitat natural de todos os seres vivos.
Moitas grazas, Rubén, por vir compartir con nós a túa labor e o teu saber.
Grazas por achegarnos un pedaciño de África en forma de guepardo!
lunes, 29 de abril de 2024
SAÍDA A APÍPOLIS
O pasado 26 de abril, as aulas de primeiro e segundo de primaria fixemos unha saída extraescolar á granxa Apípolis. Durante as semanas anteriores estivemos traballando e coñecendo a importante labor das abellas, e o venres puidemos comprobar, de primeira man, todo o aprendido.
Fixemos varios talleres, aínda que o máis emocionante foi vestirnos de apicultoras e apicultores, entrar no apiario e sentir as abellas tan preto!!!
Aquí deixamos un breve resumo da xornada!
jueves, 1 de junio de 2023
VISITA Á GRANXA ESCOLA KIRIKO
O luns, 29 de maio, as nenas e os nenos de 1º e 2º de Primaria fomos de excursión á Granxa Escola KIRIKO. Alí estivemos en contacto con moitos animais e aprendemos cousas moi interesantes sobre a vida nunha granxa. Encantounos a experiencia de comer todos xuntos o menú do día e tamén desfrutamos coa elaboración propia dunhas saborosas galletas !!!
viernes, 18 de junio de 2021
SAÍDA A MEIS. Ruta da pedra e da auga.
Como remate deste curso tan atípico, os nenos e nenas de 2º curso de Primaria puideron gozar o pasado mércores, día 16, dunha saída a Meis para percorrer a pé a Ruta da Pedra e da Auga desde o Mosteiro da Armenteira ata os muíños de Meis.

Pasámolo xenial!!
Foi un gran día!!








.jpg)









.jpg)
.jpg)



.jpg)
.jpg)


























