Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA

Nas clases de 2º de Primaria, aproveitamos o PDI (Proxecto Documental Integrado) sobre o Camiño de Santiago para conmemorar o Día de Rosalía. 

En primeiro lugar, as nenas e nenos investigaron sobre a vida e obra de Rosalía. Logo, fixeron cos ozobots o tramo do Camiño de Santiago que vai dende o lugar de orixe de Rosalia, Padrón, ata a catedral de Santiago. En cada parada, atopábanse con información relacionada coa súa vida. 

Unha viaxe homenaxe apaixonante!!!





Recitamos tamén o fermoso poema Adeus ríos, adeus fontes. Velaquí o resultado:


martes, 22 de febrero de 2022

SAÍDA AOS MUSEOS DA CORUÑA

O alumnado de 2º de Primaria realizou a primeira das saídas deste curso, visitando os museos da cidade da Coruña.

Ademais, relacionándoo co camiño de Santiago, visitamos a Torre de Hércules, símbolo do camiño Inglés. 

Pasárono xenial! E, para mostra, aquí deixamos a proba: 


miércoles, 24 de noviembre de 2021

COMEZAMOS O CAMIÑO

O alumnado de 2º de Primaria iniciouse na investigación sobre o Camiño de Santiago, que é o noso proxecto anual de centro para este curso. 

Primeiro, cada un nas súas casas, coa colaboración das familias, tivo que investigar sobre diferentes temas vinculados co Camiño: peregrinos, camiños que hai, símboloxía... Posteriormente, explicáronlle aos seus compañeiros e compañeiras toda a información que recolleron. 

Agora están agardando instrucións de Mimi para seguir co traballo. 




lunes, 21 de junio de 2021

Barrenses Viaxeir@s - Coidamos Barro - O último programa do alumnado de 2º

Os rapaces e rapazas de segundo de primaria culminan o seu proxecto "Barrenses Viaxeir@s" cuns programas finais no que falan da importancia do coidado do noso pobo. En Barro temos grandes atractivos como as fervenzas de Barosa e os petróglifos de Monte Bazar, pero para conservalos é importante coidar o noso medio ambiente. Estades listo para ver os derradeiros vídeos? Aquí os tedes!






viernes, 18 de junio de 2021

SAÍDA A MEIS. Ruta da pedra e da auga.

 Como remate deste curso tan atípico, os nenos e nenas de 2º curso de Primaria puideron gozar o pasado mércores, día 16, dunha saída a Meis para percorrer a pé a Ruta da Pedra e da Auga desde o Mosteiro da Armenteira ata os muíños de Meis.


 














  
 
Como remate, antes de volver, achegámosnos a ver o petróglifo do Outeiro de Codeso que está moi preto do noso cole.

 
 

Pasámolo xenial!!

Foi un gran día!!


jueves, 25 de marzo de 2021

Xa están aquí os novos programas de "Barrenses viaxeir@s" do alumnado de segundo!

Ao longo deste segundo trimestre estivemos investigando acerca dos seres vivos coa axuda do profe en prácticas Miguel. Tras moito investigar, as nenas e nenos de segundo quixeron contarlle á nosa fiel audiencia todo o que aprenderon!





martes, 9 de marzo de 2021

Aprendendo a medir... medindo!

Para traballar as medicións de lonxitude, masa e volume, o alumnado de segundo decidiu poñerse mans a obra e experimentar con diversas ferramentas e obxectos: descubriron canto pesaba un litro de auga, cantos mililitros tiña unha lata de refresco e, incluso, mediron o patio cuberto para descubrir cal era o seu centro e, desta forma, poder repartir o espazo para que as dúas clases tiveran exactamente os mesmos metros para xogar!

                                         

                                         










miércoles, 17 de febrero de 2021

2º PROGRAMA BARRENSES VIAXEIR@S

Despois de traballar as distintas partes do cole e cal é a función de toda a xente que traballa nel, os nenos e nenas de 1º creamos o 2º programa de BARRENSES VIAXEIR@S. 

Aquí o deixamos: 


Moitísimas grazas a todas as persoas que colaborastes!!!


lunes, 1 de febrero de 2021

O alumnado de segundo coñece as plantas de Barro

Como saberedes, este segundo trimestre os rapaces e as rapazas de segundo atópanse investigando sobre os seres vivos de Barro. Concretamente, nestas primeiras semanas tras as vacacións de Nadal están facéndoo sobre as plantas, e que mellor forma de facelo que vendo, tocando e sentindo a nosa vexetación de primeira man!