Mostrando entradas con la etiqueta Pontevedra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pontevedra. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de noviembre de 2023

SAÍDA CONCERTO ODAIKO EN ABANCA

Hoxe, as  aulas de primeiro e segundo de primaria do noso cole fomos a desfrutar da percusión de Odaiko no Auditorio de Afundación en Pontevedra. Pasámolo moi ben, mirade as nosas caras de ledicia!

 
Durante a actuación, os músicos pediron voluntarios, o noso compañeiro Kevin subiu ao escenario, mirade que profesional coa baqueta!
 
 
 
 
Deixámosvos unha foto de grupo, somos taaaan riquiños!!!
 



sábado, 8 de febrero de 2020

SAÍDA A PONTEVEDRA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria viaxamos a Pontevedra o venres para ver a representación da obra "Safari" na sede de Afundación en Pontevedra. 
Gustounos moitísimo a todos e a todas, alumnado e profesorado, polo ben que souberon captar a nosa atención dende o principio ao final. O dinamismo na representación, os decorados e os orixinais cambios do mesmo, a forma de tratar o tema do acoso e facernos pensar no día a día de cada un de nós. Foi fantástica!

Ao remate da función demos un paseo pola zona vella de Pontevedra e parámonos nalgunhas prazas antes de ir a merendar: Peregrina, Ferrería, Eirado da Leña e finalmente a Pedreira.

Visitamos tamén o Mercado, desde arriba e paseando polas distintas zonas: Peixaría, Floraría, Froitería e Carnizarías. Ao final, déronnos como agasallo un libro sobre as tendas e produtos do mercado.

Para rematar a mañá de visitas, fixemos unha curta parada nun parque mentras esperabamos que nos recolleran os autobuses.


Pasámolo moi ben e aprendemos unha chea de cousas!!!

lunes, 2 de diciembre de 2019

A NENA E O GRILO

O musical A nena e o grilo de Magín Blanco e Teatro Ghazafellos fixo hoxe as ledicias do noso alumnado de 1º e 2º Primaria cunha divertida historia sobre a amizade, a tolerancia e a superación dos medos, desenvolvida na Sede Afundación de Pontevedra.


Logo do espectáculo, o grupo merendou na praza da Liberdade e rematou a xornada, como non podía ser doutro xeito nunha mañá tan soleada como a de hoxe, xogando no parque infantil de Campolongo.



Unha saída moi gozosa!!!

martes, 26 de febrero de 2019

EU COCIÑO, TI COCIÑAS?

O noso alumnado de 1º e 2º de Primaria gozou onte, na Sede Afundación de Pontevedra, do marabilloso espectáculo musical de Mamá Cabra `Eu cociño, ti cociñas?´ con ingredientes moi especiais: Boa música, humor, ilusión, paixón e moito, moito amor.


Logo de merendar na Praza da Liberdade, a nosa rapazada pasouno pipa no novo parque infantil de Campolongo.


  

Unha saída redonda!!!

martes, 5 de diciembre de 2017

A CIRCOPETA DE ODAIKO

     O venres 1 de decembro, os nenos e nenas de 1º e 2º fomos ao Auditorio de Afundación de Pontevedra para ver o musical CIRCOPETA de Odaiko Percussion Group.


     Tratábase de tres músicos que andaban a buscar un circo para tocar e atoparon un paiaso que actuara hai anos no Circopeta, hoxe abandonado. Entón, entre os catro, decidiron volver a poñelo en marcha. 

     Mirade que debuxos tan chulos deles fixeron Iria máis Martín:



     Que risas botamos ! Ademais, fixeron maxia, malabares, teatro de sombras e música, moita e moi boa música con todo tipo de materiais: botellas (botellófono), caldeiros, vasoiras, os zocos que levaban postos . . . E tamén con instrumentos musicais como a marimba, a caixa, o bombo, o charles, os pratos, maracas...


     En moitos momentos da actuación, animáronnos a participar batendo palmas, cos pés e con movementos. Incluso, subiron ao escenario mestres, mestras, nenos e nenas para tocar cancións. O noso compañeiro Diego tivo esa sorte.


Pasámolo moi pero que moi ben!