Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria viaxamos a Pontevedra o venres para ver a representación da obra "Safari" na sede de Afundación en Pontevedra.
Gustounos moitísimo a todos e a todas, alumnado e profesorado, polo ben que souberon captar a nosa atención dende o principio ao final. O dinamismo na representación, os decorados e os orixinais cambios do mesmo, a forma de tratar o tema do acoso e facernos pensar no día a día de cada un de nós. Foi fantástica!
Ao remate da función demos un paseo pola zona vella de Pontevedra e parámonos nalgunhas prazas antes de ir a merendar: Peregrina, Ferrería, Eirado da Leña e finalmente a Pedreira.
Visitamos tamén o Mercado, desde arriba e paseando polas distintas zonas: Peixaría, Floraría, Froitería e Carnizarías. Ao final, déronnos como agasallo un libro sobre as tendas e produtos do mercado.
Para rematar a mañá de visitas, fixemos unha curta parada nun parque mentras esperabamos que nos recolleran os autobuses.
Pasámolo moi ben e aprendemos unha chea de cousas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario