Ao longo deste proxecto, o alumnado de 1º e 2º de Primaria, estivemos moi ocupados investigando sobre os inventos e facendo pequenas presentacións @s nos@s compañeir@s.
Sabedes o que máis nos gustou?
Buscar fotos dos inventos en internet e ver como foron evolucionando co paso do tempo.
Como moitas nenas e nenos colaboramos na vendima coas nosas familias, estivemos buscando información sobre esta actividade tan importante no noso concello. Investigamos sobre a vide, nomes de variedades de uva, aparellos, maquinaria que se utiliza e, ademais do viño, que outras elaboracións podemos facer coas uvas.
Tamén estivemos a falar do outono e as colleitas que se levan a cabo nesta época do ano (recollemos o millo, as fabas, as cabazas...) E, de paso, aprendimos poesías, adiviñas e refráns sobre a vendima e o outono.
Seguindo coa celebración do Día do Medio Ambiente os nenos e nenas de 2º realizaron nas súas casas uns magníficos xoguetes, feitos con materiais reutilizados. Aquí deixamos unha mostra:
Moitísimas grazas, familias!!!
Ademais, un ano máis, saíron a recoller lixo pola contorna do centro e, como se pode ver, recolleron máis do esperado:
Chegou xuño e con el a tan desexada excursión de fin de curso para os nenos e nenas de 2º, que foron á Illa de Cortegada.
Foi un día marabilloso: fomos en bus, aprendemos moito sobre o marisco de Carril, subimos en lancha motora, fixemos sendeirismo mentres coñeciamos especies vexetais e animais da illa, vimos unha árbore máxica chamada Comepedras, comemos de pícnic, bañámonos, xogamos na area e fixo bo día; que máis se pode pedir?
Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, o alumnado de 2º realizou un fermoso mural con materiais reutilizados baixo o lema
"UNHA SOA TERRA"
Ademais, desenvolveron outras actividades en relación a esta data conmemorativa tan importante. Prestade moita atención, xa que durante esta semana compartirémolas con vós.
Nas clases de 2º de Primaria, aproveitamos o PDI (Proxecto Documental Integrado) sobre o Camiño de Santiago para conmemorar o Día de Rosalía.
En primeiro lugar, as nenas e nenos investigaron sobre a vida e obra de Rosalía. Logo, fixeron cos ozobots o tramo do Camiño de Santiago que vai dende o lugar de orixe de Rosalia, Padrón, ata a catedral de Santiago. En cada parada, atopábanse con información relacionada coa súa vida.
Unha viaxe homenaxe apaixonante!!!
Recitamos tamén o fermoso poema Adeus ríos, adeus fontes. Velaquí o resultado:
Para celebrar o fin do 1º trimestre e a chegada da época máis máxica do ano, o alumnado de 2º de Primaria tivo un último día de clase moi especial. Fixeron unha chea de actividades diversas como un scape room, xogos de mesa de Nadal, festa de fin de ano, reparto da amizade invisible...
O alumnado de 2º de Primaria realizou postais de Nadal para agasallar ás súas compañeiras e compañeiros con mensaxes bonitas e positivas para despedir este 2021:
O alumnado de 2º acordouse moito dos nenos e nenas da Palma, que están a pasar unhas semanas difíciles por mor da erupción do volcán Cumbre Vieja. E para alegrarlles un pouco os días, decidiron enviar unhas cartas dándolles ánimo.
Aproveitaron para saber como funciona o procedemento de envío de cartas, e foron eles mesmos os que as deixaron no buzón de correos do Concello.
Este ano o alumnado de 2ºB formou parte dun club de lectura moi especial. As nenas e nenos recibiron puntos polos libros que foron lendo e premios se lían moito ou se se superaban a si mesm@s. O máis importante é que todos e todas melloraron moitísimo a lectura!
Este ano foi un pouco diferente aos demais pero aínda así celebámolo na clase ao noso xeito😍 e pasámolo pipa!! Deixámosvos aquí unha mostra desta mañán da festa na clase de 2ºA.
Desfrutade dun merecidísimo descanso, fixéchedelo moi ben!!! Grazas por todo, familias!!!
Os rapaces e rapazas de segundo de primaria culminan o seu proxecto "Barrenses Viaxeir@s" cuns programas finais no que falan da importancia do coidado do noso pobo. En Barro temos grandes atractivos como as fervenzas de Barosa e os petróglifos de Monte Bazar, pero para conservalos é importante coidar o noso medio ambiente. Estades listo para ver os derradeiros vídeos? Aquí os tedes!
As nenas e nenos de 2º A e 2º B asistiron hoxe á representación dunha fantástica historia monicrequeira titulada U-la Lúa? a cargo de Celtia Figueiras. Disfrutaron moito da súa interpretación!
Ademais, Celtia agasallounos co libro da historia que contou para a nosa biblioteca.
Seguindo co proxecto deste curso, "Barrenses Viaxeir@s", o alumnado de 1º e 2º de Primaria creou un zoo virtual que está situado no arboredo próximo ao colexio.
Se vos animades a visitalo, veredes que en cada un dos paneis, clasificados por continentes, atópase información das diferentes especies amosadas e dous códigos QR. Escaneándoos poderedes ver un vídeo no que os rapaces e rapazas explican curiosidades acerca do animal e, por outra parte, ver o animal en realidade aumentada e, incluso, interactuar e sacarvos unha foto con el!
Aquí deixamos un pequeno resumo do que podedes ver, e como o alumnado destes cursos gozou do traballo feito:
Queremos agradecer a colaboración e a implicación do Concello por proporcionarnos os recursos que nos permitiron conseguir este gran resultado. Por outra parte, tamén agradecemos a Breixo, alumno de 2ºB, e á súa familia a gran axuda á hora de confeccionar os carteis dos continentes.
Ao longo deste segundo trimestre estivemos investigando acerca dos seres vivos coa axuda do profe en prácticas Miguel. Tras moito investigar, as nenas e nenos de segundo quixeron contarlle á nosa fiel audiencia todo o que aprenderon!
Para traballar as medicións de lonxitude, masa e volume, o alumnado de segundo decidiu poñerse mans a obra e experimentar con diversas ferramentas e obxectos: descubriron canto pesaba un litro de auga, cantos mililitros tiña unha lata de refresco e, incluso, mediron o patio cuberto para descubrir cal era o seu centro e, desta forma, poder repartir o espazo para que as dúas clases tiveran exactamente os mesmos metros para xogar!