Mostrando entradas con la etiqueta curso 2018-19. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2018-19. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de junio de 2019

KAMISHIBAI "MEMORIAS DUNHA GALIÑA"

Os alumnos e alumnas de 1º de Primaria estivemos este curso traballando co libro "Memorias de una gallina" de Concha López Narváez. E, como remate do proxecto "A Revolución", elaboramos  en galego un Kamishibai do libro traballado que presentamos a nenas e nenos doutros cursos. 
Podedes ver a continuación un vídeo que amosa o traballo feito polas crianzas.


miércoles, 12 de junio de 2019

EXCURSIÓN A MARCELLE

Fai uns días o alumnado de 1º e 2º de primaria fomos de excursión de fin de curso a Marcelle. Alí descubrimos un montón de animais e gozamos da convivencia en moi boa compañía. Pasámolo xenial!!!




jueves, 30 de mayo de 2019

OS NOSOS GLADÍOLOS

Despois de varias semanas e moitos mimos e agarimos, naceron e medraron uns fermosos gladíolos...Agora nas casas dos nenos e nenas toca florecer!!





martes, 21 de mayo de 2019

A NOSA PLANTACIÓN

Como en primeiro estivemos estudando as plantas, decidimos facer unha pequena plantación de gladíolos, chícharos, perexil, menta...

Pasámolo moi ben!!!

Aquí podedes ver como desfrutamos.


jueves, 9 de mayo de 2019

EXPERIMENTAMOS!!!!

Mentras estivemos traballando as plantas fixemos un experimento para visualizar como se alimentan. E puidemos comprobar ao longo dos días como as plantas ían cambiando de cor.

lunes, 6 de mayo de 2019

SAÍMOS NA TVG CON BRAULIO

Emocionante conversa sobre a amizade mantida entre as nenas e nenos de 1º e Braulio, un dos irmáns da famosa familia dos Bolechas que vén de emitir na TVG. Premede na imaxe para ver o programa.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/braulio-tuber-ii-29-4072350


Podedes mirar no seguinte enlace como foi a súa visita no cole:

https://amorruibalprimeirociclo.blogspot.com/2018/10/gravacion-de-braulio-tuber.html

lunes, 11 de marzo de 2019

AS NOSAS MATRIARCAS


Con motivo do 8 de marzo (Día Internacional da Muller) as nenas e nenos de Primeiro de Primaria homenaxean ás mulleres presentes nas súas vidas, as que lle ensinan e mostran a súa resistencia e valentía a diario.



domingo, 10 de marzo de 2019

CHARLA 8 DE MARZO

O venres 8 de marzo, Día Internacional da Muller, as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria tiveron na Biblioteca do cole unha clase moi especial, impartida pola doutora Viviana, nai de Piero e Luca.


Viviana falou de cando era nena, do que lle gustaba facer e de como medrou e chegou a ser o que sempre quixo ser: Médica especialista en Xinecoloxía e Obstetricia.


Con ela aprendemos moitas cousas, vimos fotos chulísimas e pasámolo pipa cun xogo que tiña preparado para a cativada.

  

Antes de despedírmonos, o alumnado fíxolle a Viviana unha chea de preguntas e, de volta nas aulas, debuxou e falou sobre o tema.





Unha charla moi educativa e divertida!!!
Moitísimas grazas, Viviana!!!

jueves, 7 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

O venres pasado celebramos o desfile de entroido. Ao remate fixemos unhas fotos dos grupos. 

Mirade que guapos e guapas!!

 

Si queredes ler máis sobre o acontecido podedes mirar no blog de MIMI:

https://oblogdemimi.blogspot.com/2019/03/entroido-2019.html




martes, 5 de marzo de 2019

O ENTROIDO EN... PRIMEIRO!!!

Pasámolo xenial estos últimos días no cole celebrando o Entroido. Primeiro, cumprindo os mandados da nosa mascota MIMI, e o venres, celebrándoo polo grande. Aquí vos deixamos unha chea de fotos para que vexades o guai que foi todo.











martes, 26 de febrero de 2019

EU COCIÑO, TI COCIÑAS?

O noso alumnado de 1º e 2º de Primaria gozou onte, na Sede Afundación de Pontevedra, do marabilloso espectáculo musical de Mamá Cabra `Eu cociño, ti cociñas?´ con ingredientes moi especiais: Boa música, humor, ilusión, paixón e moito, moito amor.


Logo de merendar na Praza da Liberdade, a nosa rapazada pasouno pipa no novo parque infantil de Campolongo.


  

Unha saída redonda!!!

domingo, 24 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA 2019

Para celebrar o Día de Rosalía, as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria participamos no recitado colectivo do poema `Alborada´. Quedou chulísimo! Podedes velo no blog de MIMI:


E Felipe e Inés, que son o pai e a nai de Fiz, un neno de Infantil, viñeron ao colexio coa súa gaita e a súa pandeireta para tocar a `Alborada´. Fixérono de marabilla!!! 

Moitísimas grazas!!!

Botádelle un ollo ao vídeo premendo no seguinte enlace:




martes, 12 de febrero de 2019

lunes, 4 de febrero de 2019

OS SENTIDOS

No primeiro trimestre, nas aulas de 1º de Primaria, aprendemos un montón sobre o CORPO HUMANO.
Para rematar o proxecto, elaboramos un Lapbook dos SENTIDOS.

Compartimos neste espazo unha mostra do traballo feito polo alumnado.


sábado, 1 de diciembre de 2018

martes, 30 de octubre de 2018

ENTREGA DO X PREMIO MIMI A MAMÁ CABRA

O venres pasado fomos á Nave da Música para a entrega do Premio MIMI a MAMÁ CABRA.

O que máis nos gustou foi cantar e bailar o "Baile da Paz" e "A miña tía", o neno disfrazado de MIMI e sacar fotos con MAMÁ CABRA. Cantan e tocan a mar de ben!

Ata outro día MAMÁ CABRA!!!



Máis información no blog de MIMI:

https://oblogdemimi.blogspot.com/2018/10/entrega-do-x-premio-mimi.html

domingo, 21 de octubre de 2018

GRAVACIÓN DE BRAULIO TUBER

As alumnas e alumnos de 1º de Educación Primaria vivimos hai uns días unha experiencia única como foi a participación na gravación do programa infantil da TVG "BRAULIO TUBER".
Esa mañá pasámolo xenial, fixemos como auténticas/os actrices e actores e vivimos en primeira persoa a gravación dun espazo televisivo.
Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos. E máis abaixo un pequeno resumo da nosa vivencia.