Ao longo deste segundo trimestre estivemos investigando acerca dos seres vivos coa axuda do profe en prácticas Miguel. Tras moito investigar, as nenas e nenos de segundo quixeron contarlle á nosa fiel audiencia todo o que aprenderon!
jueves, 25 de marzo de 2021
Xa están aquí os novos programas de "Barrenses viaxeir@s" do alumnado de segundo!
viernes, 19 de marzo de 2021
COÑECEMOS A NOSA LIÑA DO TEMPO
O alumnado de 1º estivo a traballar o que son as liñas do tempo e para que serven. Despois, as nenas e nenos fixeron a súa liña do tempo para coñecer os seus primeiros anos de vida.
Os resultados foron xeniais! Aquí vos quedan:
MOITÍSIMAS GRAZAS, FAMILIAS, POLA VOSA COLABORACIÓN!!!
lunes, 15 de marzo de 2021
Semana da prensa
Estes días, para conmemorar a semana da prensa na escola, quixemos facérnonos eco das boas novas que pasan no noso entorno. Fartas de escoitar tantas cousas malas neste ano tan difícil, as nenas e nenos de 2º tratamos de ver o vaso medio cheo e aportar o noso espírito de positividade. Aquí vos deixamos os nosos murais.
Esperemos que vos gusten!!!
martes, 9 de marzo de 2021
Aprendendo a medir... medindo!
Para traballar as medicións de lonxitude, masa e volume, o alumnado de segundo decidiu poñerse mans a obra e experimentar con diversas ferramentas e obxectos: descubriron canto pesaba un litro de auga, cantos mililitros tiña unha lata de refresco e, incluso, mediron o patio cuberto para descubrir cal era o seu centro e, desta forma, poder repartir o espazo para que as dúas clases tiveran exactamente os mesmos metros para xogar!