martes, 26 de noviembre de 2024

25 N

     Estes días estivemos traballando nun mural colaborativo de infantil e primaria,  con motivo do 25 de novembro no que conmemoramos o "Día Internacional pola eliminación de todas as violencias contra a Muller". 

    O motivo central do mural é o verso "florecer nas espiñas", da canción "Cruel filosofía" da Banda da Loba, canción que traballamos na aula de música con motivo do 25N.

    Tamén elaboramos uns pequenos traballos onde se recollen fermosas palabras que non debemos esquecer nunca: respecto, diálogo, convivencia, igualdade...


    Por último, tras o acto diante do Concello, quixemos facer unha foto coas bolsas tan chulas que nos regalaron e que levan o lema "o amor non é ferir. Non sexas machista", para lembrarnos todos os días a necesidade de eliminar todo tipo de violencia contra a muller.




jueves, 21 de noviembre de 2024

Dereitos da Infancia en Primeiro!!!

     As nenas e nenos de primeiro de primaria do cole quixemos conmemorar o  Día internacional dos Dereitos da Infancia cunhas bonitas grilandas onde se reflexaban os nosos dereitos.




miércoles, 20 de noviembre de 2024

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

 Hoxe é 20 de novembro e conmemoramos o Día Internacional dos dereitos da Infancia. Con tal motivo, nas aulas de segundo, elaboramos uns murais e decidímonos a gravar este vídeo para que as nosas voces cheguen onde estes dereitos non son respectados.

 

NON DEBEMOS ESQUECELOS NUNCA!!!

sábado, 16 de noviembre de 2024

Saída ao Auditorio da Sede Afundación en Pontevedra

    O venres, as aulas de primeiro e segundo de primaria do cole, asistimos ao teatro no auditorio da Sede Afundación de Pontevedra. Fomos ver a obra "Ninja" de Teatro dos Ghadafelhos, sobre o acoso escolar.

                    Ao rematar a obra, merendamos na propia Sede, pois chovía, despois regresamos ao colexio.

PASÁMOLO MOI BEN!!!



jueves, 7 de noviembre de 2024

A castaña que estoupou da risa.

    As nenas e os nenos de segundo de primaria ilustramos o conto "A castaña que estoupou da risa".  Como nos gustou tanto, decidimos contárvolo...





 Agardamos que vos guste!!!!

miércoles, 30 de octubre de 2024

Celebramos o noso Samaín!!

 Ao longo dos últimos días estivemos decorando os nosos corredores con bruxas, morcegos, cabazas... queriamos un cole de mooooooito meeeeeedoooooo, porque hoxe  iamos vir ao cole coas nosas mellores galas terroríficas!!! 


Así de ben o pasamos!!

lunes, 3 de junio de 2024

E ti...canto sabes de guepardos?

 Hoxe, as nenas e os nenos de primeiro de primaria do cole podemos presumir que sabemos un pouco máis de guepardos, grazas á visita de Rubén Portas (padriño de Manu de 1ºB). 

Rubén tivo a amabilidade de vir pasar con nós unhas horiñas para falar do seu interesante traballo. Vive en Namibia e forma parte do "Proxecto Guepardo", do Instituto Leibniz de Berlín. A súa labor consiste en censar a poboación desta especie, investigar as súas costumes e colaborar na súa protección, posto que é un animal en perigo de extinción.

Durante a súa charla puidemos aprender a diferenzar guepardos e leopardos, explicounos polo miúdo que se fai cun guepardo cando é capturado para o seu estudo, como se coloca un colar con GPS, e se lle extraen mostras de sangue. E como, ao rematar, se administra un antídoto para que esperte.


A través do visionado de vídeos observamos escenas deste gran felino en estado de liberdade. Tamén nos explicou a importancia de preservar o hábitat natural de todos os seres vivos.


Moitas grazas, Rubén, por vir compartir con nós a túa labor e o teu saber.

 Grazas por achegarnos un pedaciño de África en forma de guepardo!

 

jueves, 2 de mayo de 2024

XORNADA INTERCENTROS

 O alumnado de 2º de Primaria e compis do CEIP Xeve, disfrutaron na mañá de hoxe dunha xornada de xogos e convivencia no noso centro. Unha actividade enmarcada dentro do Programa XOGADE.




Moitísimas grazas!

lunes, 29 de abril de 2024

SAÍDA A APÍPOLIS

 O pasado 26 de abril, as aulas de primeiro e segundo de primaria fixemos unha saída extraescolar á granxa Apípolis. Durante as semanas anteriores estivemos traballando e coñecendo a importante labor das abellas, e o venres puidemos comprobar, de primeira man, todo o aprendido.


Fixemos varios talleres, aínda que o máis emocionante foi vestirnos de apicultoras e apicultores, entrar no apiario e sentir as abellas tan preto!!!

 

Aquí deixamos un breve resumo da xornada!
 

 



lunes, 8 de abril de 2024

DÍA DA SAÚDE

 O Día 7 de Abril conmemoramos o Día Mundial da Saúde e este ano o lema que propón a Organización Mundial da saúde é "A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO" para sensibilizar sobre a ameaza que supoñen os conflitos bélicos para a saúde das persoas.


 Desde o Proxecto de Prevención das Conductas Adictivas dos Concellos de Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña e Portas propoñen a realización deste cuestionario para reflexionar sobre a alimentación e os hábitos saudables.


viernes, 2 de febrero de 2024

Dia da Candeloria

 Hoxe, 2 de febreiro, é o día da Candeloria. Popularmente dise que casan os paxariños!! Tradición oral que recolle o espertar da natureza: medran os días, escoitamos o canto dos paxaros...

 Nas aulas de primeiro e segundo do colexio sabémolo moi ben, e decidimos celebrar esta data recollendo os refráns máis representativos.

Tamén fixemos unhs paxariños que colocamos no corredor de entrada do colexio, así de fermoso loce agora!!