lunes, 3 de junio de 2024

E ti...canto sabes de guepardos?

 Hoxe, as nenas e os nenos de primeiro de primaria do cole podemos presumir que sabemos un pouco máis de guepardos, grazas á visita de Rubén Portas (padriño de Manu de 1ºB). 

Rubén tivo a amabilidade de vir pasar con nós unhas horiñas para falar do seu interesante traballo. Vive en Namibia e forma parte do "Proxecto Guepardo", do Instituto Leibniz de Berlín. A súa labor consiste en censar a poboación desta especie, investigar as súas costumes e colaborar na súa protección, posto que é un animal en perigo de extinción.

Durante a súa charla puidemos aprender a diferenzar guepardos e leopardos, explicounos polo miúdo que se fai cun guepardo cando é capturado para o seu estudo, como se coloca un colar con GPS, e se lle extraen mostras de sangue. E como, ao rematar, se administra un antídoto para que esperte.


A través do visionado de vídeos observamos escenas deste gran felino en estado de liberdade. Tamén nos explicou a importancia de preservar o hábitat natural de todos os seres vivos.


Moitas grazas, Rubén, por vir compartir con nós a túa labor e o teu saber.

 Grazas por achegarnos un pedaciño de África en forma de guepardo!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario