Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de mayo de 2024

XORNADA INTERCENTROS

 O alumnado de 2º de Primaria e compis do CEIP Xeve, disfrutaron na mañá de hoxe dunha xornada de xogos e convivencia no noso centro. Unha actividade enmarcada dentro do Programa XOGADE.




Moitísimas grazas!

viernes, 2 de junio de 2023

XOGANDO EN IGUALDADE

Hoxe, as nenas e nenos de 1º de Primaria pasárono pipa nos divertidísimos obradoiros Xogando en Igualdade, dinamizados pola sempre xenial Raquel Queizás, co obxectivo claro de rachar cos estereotipos e prexuízos sexistas dende idades temperás e construír entre todas e todos un mundo mellor.

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!


lunes, 14 de junio de 2021

U-LA LÚA?

As nenas e nenos de 2º A e  2º B asistiron hoxe á representación dunha fantástica historia monicrequeira titulada U-la Lúa? a cargo de Celtia Figueiras. Disfrutaron moito da súa interpretación!

Ademais, Celtia agasallounos co libro da historia que contou para a nosa biblioteca.

  Moitísimas grazas!!!






viernes, 18 de diciembre de 2020

Visita ao alcalde

Os nenos e nenas de 2ºA fomos visitar ao alcalde este xoves. Estivemos a traballar os oficios en Barro e queríamos saber que é o que facía un alcalde no seu día a día e, en especial, o do noso concello. Fixéronlle moitas preguntas sobre o seu labor, ás cales contestou moi amablemente. Ensináronlle os traballos que realizaron sobre o alcalde e o concello e felicitounos a todos. 

MOITÍSIMAS GRAZAS, SEÑOR ALCALDE!!!




jueves, 26 de noviembre de 2020

O alumnado de 2ºB visita o Concello para entregarlle unha carta ao mismísimo alcalde!

Durante o proxecto dos deportes, os rapaces e as rapazas de 2ºB investigaron, entre outras cousas, acerca de cales eran os deportes que se podían practicar na vila e cales eran os que non. Para descubrilo, realizaron varias enquisas e concluíron que o que máis botan en falta é o patinaxe sobre xeo. Por iso, decidiron escribirlle unha carta ao alcalde pedíndolle que monte unha pista de xeo polo Nadal! 😱

Hoxe tivemos o pracer de reunirnos con él e de entregarlle a carta na man. Foi unha experiencia incrible na que aproveitamos para facerlle preguntas moi interesantes de cara ao noso novo proxecto, que comezamos nestes últimos días e no que tratamos a organización e os oficios do noso pobo.

Unha mañá diferente e inesquecible!

Moitísimas grazas, alcalde!!!





lunes, 4 de noviembre de 2019

CHARLA DE EDUCACIÓN VIARIA

A semana pasada o alumnado de 1º e 2º de Primaria recibiu unha interesante charla de educación viaria na que aprendeu co noso amigo Latexo a importancia de camiñar pola esquerda. Para que non o esquezamos, Latexo dounos un truco moi sinxelo: Debemos camiñar polo lado no que temos o corazón. Ademais, regalounos unhas chapas reflectintes e uns cadernos para aprender moitas máis cousas sobre seguridade viaria.

A actividade enmárcase no programa `O corazón está do teu lado´ da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade en colaboración coa Consellería de Educación.

Moitísimas grazas!!!










viernes, 15 de junio de 2018

VISITAMOS A FINCA DE LOURIZÁN

O venres, día 1 de xuño, os nenos e as nenas de 1º e 2º de Primaria saímos de excursión. 
Tiñamos prevista a visita guiada á Finca de Lourizán. Alí fixemos un pequeno recorrido polos arredores do Pazo en dous grupos. 
Puidemos ver o pombal, a fonte da cuncha, a fonte-gruta dos espellos, a gran mesa feita dunha única laxe de pedra, traída da Illa de Tambo (que, en tempos pasados, era propiedade do Pazo), o hórreo e, por último, o invernadoiro de cristal.
Durante a visita, paramos diante de  varias árbores singulares (das que nos falaron cando visitamos a exposición de árbores senlleiras no Concello) e os guías deron unha breve explicación de cada unha delas.
Desprazámonos despois cara á escalinata, na fachada do pazo (onde merendamos ao remate da visita).


Por último, subimos ao autobús para ir cara a Marín e xogar un chisco na praia de Aguete.


Tiñamos moito medo de que chovera, pero resultou unha mañá estupenda e unha visita moi interesante.

Pasámolo moi ben! 

viernes, 30 de marzo de 2018

RECIBIMOS A VISITA DE ...

Este curso estamos a desenvolver no colexio o proxecto "Voces de mulleres" e por esta razón viñeron convidadas á Biblioteca do cole varias mulleres da nosa contorna na semana da conmemoración do 8 de Marzo.
O alumnado de 1º e 2º recibíu a visita de Ana B. Cadavid que é veterinaria en Curro, onde ten a súa clínica. 

 Deste xeito describe e ilustra o traballo de Ana o alumnado de 1º.

 


Por outra banda o alumnado de 1º recibíu tamén a visita de Eva Caldas, mamá de Nahuel. 
 
Eva é Inspectora de Seguridade Marítima na Capitanía de Vilagarcía de Arousa e faloulles do seu traballo aos compañeiros e compañeiras do seu fillo ademais de estar tamén co alumnado de 5º e 6º curso.
 
E esta é descrición e imaxe do seu labor visto polo alumnado de 1º:


Foi un placer recibirvos no cole.

Grazas, Ana!
Grazas, Eva!