viernes, 15 de junio de 2018

VISITAMOS A FINCA DE LOURIZÁN

O venres, día 1 de xuño, os nenos e as nenas de 1º e 2º de Primaria saímos de excursión. 
Tiñamos prevista a visita guiada á Finca de Lourizán. Alí fixemos un pequeno recorrido polos arredores do Pazo en dous grupos. 
Puidemos ver o pombal, a fonte da cuncha, a fonte-gruta dos espellos, a gran mesa feita dunha única laxe de pedra, traída da Illa de Tambo (que, en tempos pasados, era propiedade do Pazo), o hórreo e, por último, o invernadoiro de cristal.
Durante a visita, paramos diante de  varias árbores singulares (das que nos falaron cando visitamos a exposición de árbores senlleiras no Concello) e os guías deron unha breve explicación de cada unha delas.
Desprazámonos despois cara á escalinata, na fachada do pazo (onde merendamos ao remate da visita).


Por último, subimos ao autobús para ir cara a Marín e xogar un chisco na praia de Aguete.


Tiñamos moito medo de que chovera, pero resultou unha mañá estupenda e unha visita moi interesante.

Pasámolo moi ben! 

martes, 12 de junio de 2018

EXPOSICIÓNS "VOCES DE MULLERES"

Para rematar o noso Proxecto "Voces de Mulleres" quixemos amosarlle todo o noso traballo aos compañeiros e compañeiras doutras clases.
Nas aulas de 1º de Primaria investigamos sobre Rosalía de Castro (escritora), Pilar Mateo Herrero (científica) e Yayoy Kusama (pintora). Expuxemos o noso proxecto no patio cuberto; alí estiveron escoitándonos os nenos e nenas das aulas de 3 e 4 anos.
Nas aulas de 2º de Primaria investigamos tamén a Rosalía de Castro, a Mª Antonia Dans (pintora) e a Isabel Zendal (enfermeira). Logo, contamos aos nenos e nenas de 5 anos todo o que investigamos.

Podedes mirar un resumo no seguinte vídeo:



Máis información no blog da Biblioteca:
https://oblogdemimi.blogspot.com/2018/06/voces-de-mulleres.html