Hoxe, as nenas e nenos de 1º de Primaria pasárono pipa nos divertidísimos obradoiros Xogando en Igualdade, dinamizados pola sempre xenial Raquel Queizás, co obxectivo claro de rachar cos estereotipos e prexuízos sexistas dende idades temperás e construír entre todas e todos un mundo mellor.
Hoxe conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e, en 2º de Primaria, non quixemos deixar pasar a oportunidade de lembrar a eses heroes e a esas heroínas que nos poden ensinar tanto da vida.
Tivemos o pracer e o luxo de entrevistar a un deses heroes, Pablo Cimadevila. Pablo é un nadador paralímpico pontevedrés que gañou múltiples medallas en campionatos europeos, mundiais e Xogos Paralímpicos e que agora desfruta dedicándose ao deseño de xoiería, outra das súas paixóns, na que é tan bo como nadando! Se queredes comprobalo, podedes acceder á súa canle de YouTube, na que conta con nada menos que 4´5 millóns de subscriptores!!! 😳😱
Deixámovos por aquí algunhas das imaxes da conmemoración e un fragmento da entrevista con Pablo Cimadevila que serve para amosarnos a súa calidade humana.
Moitísimas grazas Pablo pola "clase de vida" que, coma ti mesmo dixeches, é aínda máis importante que unha clase de matemáticas ou de lingua. Quedou claro que es moi bo nadador e moi bo deseñador de xoias, pero o que é máis importante é que es unha persoa marabillosa!
Moitísimas grazas por ser un exemplo para todas e todos nós, profes incluíd@s!
Hoxe estivemos traballando o día 25N, Día Contra a Violencia de Xénero. Falamos do que se reivindica neste día e vimos un vídeo de Rosa Caramelo, un vídeo para traballar a igualdade e o respeto adicado aos máis pequenos e pequenas. Viñemos todos e todas de negro para manifestar a nosa repulsa e tristeza a todo acto de violencia e quixemos deixar constancia disto facéndonos unha foto final que aquí vos deixamos.
O alumnado de 1º de Primaria comezou o curso con moitas ganas e ilusión. Unha das primeiras cousas que fixeron foi traballar as palabras máxicas da educación.
Para iso, falamos en asemblea da necesidade de ter mostras de educación diarias e cales eran aquelas palabras que tiñamos que ter no noso vocabulario un día si e outro tamén. As conclusións ás que chegamos mostrámovolas de seguido: