Seguindo coa celebración do Día do Medio Ambiente os nenos e nenas de 2º realizaron nas súas casas uns magníficos xoguetes, feitos con materiais reutilizados. Aquí deixamos unha mostra:
jueves, 16 de junio de 2022
SEMANA DO MEDIO AMBIENTE
EXCURSIÓN ILLA CORTEGADA!
Chegou xuño e con el a tan desexada excursión de fin de curso para os nenos e nenas de 2º, que foron á Illa de Cortegada.
Foi un día marabilloso: fomos en bus, aprendemos moito sobre o marisco de Carril, subimos en lancha motora, fixemos sendeirismo mentres coñeciamos especies vexetais e animais da illa, vimos unha árbore máxica chamada Comepedras, comemos de pícnic, bañámonos, xogamos na area e fixo bo día; que máis se pode pedir?
martes, 14 de junio de 2022
EXCURSIÓN AO ACUARIO DO GROVE
Os nenos e nenas de primeiro desfrutaron dun magnífico día de excursión ao acuario do Grove con viaxe en catamarán incluída.⛵
viernes, 10 de junio de 2022
Barro no camiño
Este ano, as nenas e nenos de primeiro traballamos no proxecto "Barro no Camiño". Estudamos a vestimenta d@s peregrin@s, por onde vai o Camiño Portugués, por qué lugares das parroquias de Barro pasa, os seres vivos, tanto animais coma plantas, típicos deste camiño e moitas cousas máis. Como broche final, elaboramos un mural para o corredor de primeiro, onde todas as nenas e os nenos están situados no lugar onde viven, tratando de facer unha simulación o máis didáctica posible do mesmo. Incluimos regatos, fotos, vivendas, festas...
Un traballo en equipo dos dous grupos fantástico!!!
Esperamos que vos guste!!!
martes, 31 de mayo de 2022
"UNHA SOA TERRA"
Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, o alumnado de 2º realizou un fermoso mural con materiais reutilizados baixo o lema
"UNHA SOA TERRA"
Ademais, desenvolveron outras actividades en relación a esta data conmemorativa tan importante. Prestade moita atención, xa que durante esta semana compartirémolas con vós.
jueves, 7 de abril de 2022
BARRO NO CAMIÑO
Con motivo do ano Xacobeo, o centro está levando a cabo o proxecto Barro no Camiño, co fin de que o alumnado coñeza un pouco máis o Camiño de Santiago e a súa vinculación co concello de Barro.
Para iso, os nenos e nenas de 2º e 3º investigaron sobre o Camiño Portugués, plasmando toda a información nunha representación deste camiño no corredor das súas clases.
jueves, 31 de marzo de 2022
LIÑAS DO TEMPO SOBRE A CATÁSTROFE DO PRESTIGE
Para traballar liñas do tempo, o alumnado de 2º realizou unhas marabillosas liñas sobre a gran catástrofe que azotou Galicia no ano 2002: O afundimento do barco Prestige preto das costas galegas.
jueves, 17 de marzo de 2022
CONTACONTOS IGUALDADE
Hoxe, os nenos e nenas de primeiro, recibimos a visita de Ana e Mónica, mamás de dous compañeiros, que organizaron para nós este entretido contacontos sobre a igualdade.
Moitas grazas, Ana!
Moitas grazas, Mónica!
Pasámolo moi ben!!!
miércoles, 23 de febrero de 2022
DÍA DE ROSALÍA
martes, 22 de febrero de 2022
DÍA DA LINGUA MATERNA
O alumnado de 1º de Primaria conmemorou onte o Día da Lingua Materna cunha actividade de lectoescritura que consistiu en escribir verbas bonitas do idioma galego nos bocadillos que se utilizan para facer viñetas de cómic, memorizar a súa definición e explicala ás compañeiras e compañeiros.
Precioso traballo!!!
SAÍDA AOS MUSEOS DA CORUÑA
O alumnado de 2º de Primaria realizou a primeira das saídas deste curso, visitando os museos da cidade da Coruña.
Ademais, relacionándoo co camiño de Santiago, visitamos a Torre de Hércules, símbolo do camiño Inglés.
Pasárono xenial! E, para mostra, aquí deixamos a proba:
lunes, 21 de febrero de 2022
21 de febreiro, día da lingua materna
Feliz Día da Lingua Materna!!!💓💙💚
domingo, 30 de enero de 2022
Feliz día da Paz
As nenas e nenos de 1º A e 1º B quixeron celebrar o día da Paz facendo un mural e unhas pombas cunhas verbas bonitas.
Esperamos que vos gusten!
Feliz día da Paz💙!
martes, 21 de diciembre de 2021
FIN DO 1º TRIMESTRE
Para celebrar o fin do 1º trimestre e a chegada da época máis máxica do ano, o alumnado de 2º de Primaria tivo un último día de clase moi especial. Fixeron unha chea de actividades diversas como un scape room, xogos de mesa de Nadal, festa de fin de ano, reparto da amizade invisible...
Aquí deixamos un pequeno resumo da súa ledicia:
lunes, 20 de diciembre de 2021
POSTAIS DE NADAL
O alumnado de 2º de Primaria realizou postais de Nadal para agasallar ás súas compañeiras e compañeiros con mensaxes bonitas e positivas para despedir este 2021:
CONCURSO DE DISFRACES DE NADAL
Co motivo da celebración do Nadal, os nenos e nenas de 2º levaron a cabo un concurso de disfraces.
martes, 14 de diciembre de 2021
CREACIÓNS DE NADAL
O alumnado de segundo está metido de cheo na época máis máxica do ano, e para comezar a celebralo fixeron unhas magníficas creacións onde contan a historia dun Papá Noel ao que se lle cambiou a cor do seu traxe.
miércoles, 24 de noviembre de 2021
COMEZAMOS O CAMIÑO
O alumnado de 2º de Primaria iniciouse na investigación sobre o Camiño de Santiago, que é o noso proxecto anual de centro para este curso.
Primeiro, cada un nas súas casas, coa colaboración das familias, tivo que investigar sobre diferentes temas vinculados co Camiño: peregrinos, camiños que hai, símboloxía... Posteriormente, explicáronlle aos seus compañeiros e compañeiras toda a información que recolleron.
Agora están agardando instrucións de Mimi para seguir co traballo.
lunes, 8 de noviembre de 2021
COÑECÉMONOS POR DENTRO
En 2º de primaria estamos a profundar sobre o coñecemento do noso corpo. Para iso estivemos facendo uns magníficos lapbooks sobre todo o que coñecemos sobre o noso interior.
A maiores, estivemos traballando cunha camiseta en 3D para poder ver de xeito máis realista como somos por dentro.
Aquí deixamos esta experiencia:
lunes, 25 de octubre de 2021
CHEGOU O OUTONO
O alumnado de segundo entrou de cheo no outono realizando pequenas producións sobre esta bonita estación.
Aquí volas deixamos:






