Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de mayo de 2020

PALABRAS FAVORITAS DO GALEGO

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PEQUENO VÍDEO COAS PALABRAS FAVORITAS EN LINGUA GALEGA DO ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA, NO MARCO DUNHA ACTIVIDADE DESENVOLVIDA POLAS LETRAS GALEGAS.







A DISFRUTAR DO GALEGO!!!

martes, 12 de junio de 2018

EXPOSICIÓNS "VOCES DE MULLERES"

Para rematar o noso Proxecto "Voces de Mulleres" quixemos amosarlle todo o noso traballo aos compañeiros e compañeiras doutras clases.
Nas aulas de 1º de Primaria investigamos sobre Rosalía de Castro (escritora), Pilar Mateo Herrero (científica) e Yayoy Kusama (pintora). Expuxemos o noso proxecto no patio cuberto; alí estiveron escoitándonos os nenos e nenas das aulas de 3 e 4 anos.
Nas aulas de 2º de Primaria investigamos tamén a Rosalía de Castro, a Mª Antonia Dans (pintora) e a Isabel Zendal (enfermeira). Logo, contamos aos nenos e nenas de 5 anos todo o que investigamos.

Podedes mirar un resumo no seguinte vídeo:



Máis información no blog da Biblioteca:
https://oblogdemimi.blogspot.com/2018/06/voces-de-mulleres.html

sábado, 13 de mayo de 2017

PREMIOS "CÓNTAME UN CONTO VECIÑO 2017"

     No concurso "CÓNTAME UN CONTO VECIÑO 2017" convocado polos concellos de Barro e Portas, resultaron premiad@s os seguintes alumn@s do noso centro:
  • Daniela Romay Manso (2º de Primaria)
  • Manuel Piñeiro Núñez (3º de Primaria).
  • África Lede Zarco (4º de Primaria).
  • Iago Vilas Fernández (6º de Primaria).
MOITÍSIMOS PARABÉNS ! ! !

     Máis información no blog da nosa Biblioteca:

https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2017/05/contame-un-conto-vecino-2017-relacion.html


SIGAMOS CREANDO ! ! !      SIGAMOS AVANZANDO ! ! !


sábado, 4 de junio de 2016

ACTO DE ENTREGA DO VIII PREMIO MIMI

     Daniel Moreiras e Iván Capón, de PÁRAMO PICTURES, estiveron con nós para recoller o VIII PREMIO MIMI.
     Son moi paveros e pasámolo moi ben cantando Préndeme o boi, Vou estalar e a Bertolina.
     Se premes no seguinte enlace poderás saber máis e ver un vídeo chulísimo:


     E ata puidemos facermos unhas fotos con eles !

     MOITOS PARABÉNS ! ! 


  
     

miércoles, 11 de mayo de 2016

Concurso "Cóntame un conto veciño"

Acabamos de saber que o alumno de 1º curso de Primaria Anxo Couso resultou finalista no concurso de contos que convocan os concellos de Barro e Portas.
 NORABOA !!

Para ter máis información, preme no enlace e le no blog da biblioteca:

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/05/contame-un-conto-vecino-publicada.html

viernes, 6 de mayo de 2016

VIII PREMIO MIMI: PÁRAMO PICTURES

     PÁRAMO PICTURES resultou ser a gañadora do Premio MIMI.

     PARABÉNS !!!

     Premendo na imaxe iredes ao blog da biblioteca e alí podedes ver un vídeo co resumo das candidaturas presentadas, das votacións e do reconto de votos:

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/05/na-viii-edicion-ganou.html



sábado, 16 de abril de 2016

CONCURSO DE MICROPOEMAS

     Os nosos compañeiros de 2º curso, PABLO RIVEIRO CANCELA e BRAIS SANMARTÍN FARIÑA, quedaron finalistas na categoría B1 no VIII Concurso de Micropoemas convocado por "Terras do Umia".

     MOITOS PARABÉNS !

    Sigamos creando, sigamos avanzando.






martes, 13 de mayo de 2014

domingo, 11 de mayo de 2014

ESA LUS: CANCIÓN PARA DÍAZ CASTRO


O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz agasállannos con esta canción titulada "ESA LUS", que lle adican ao poeta Xosé María Díaz Castro:


jueves, 8 de mayo de 2014

Con Díaz Castro

O poeta Xosé María Díaz Castro é o autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. Paco Nogueiras ríndelle homenaxe con esta canción
 

jueves, 16 de mayo de 2013

Letras Galegas 2013

Presentamos unha canción de Torre Branca Producións en homenaxe ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.