A "teacher Sarah" marchou a pasada semana. Rematou para ela o curso escolar, pero nós queremos deixar aquí as fotografías que fixo con nós así como o enlace ao blog da Sección Bilingüe que tamén podedes atopar arriba, na etiqueta SEBI.
Andrés, Gonzalo, Nerea e Sonia, do grupo de danzas "Amor Ruibal", estiveron no noso colexio cunha chea de instrumentos bonitísimos. Incluso trouxeron un pelexo que a algún neno lle deu un pouco de noxo tocalo. Claro, como non sabían que a pandeireta, por exemplo, está feita desa pel . . .
Andrés falounos dos instrumentos e nós atendemos moi curiosos. Pero o mellor era cando tocaba e nós cantabamos e levabamos o ritmo batendo palmas. Algúns nenos tiveron a sorte de probar coa pandeireta, as cunchas ou o bombo.
Na clase de Atención Educativa o alumnado de 2º curso está a desenvolver un "Proxecto de emocións".
Queremos amosarvos o libro colectivo que fixeron para contar e ilustrar as cousas e persoas que os asombran.
Asombrádevos co ben que lles quedou!
Como non podía ser doutro xeito, este ano disfrazámonos de "Piratas" que corresponde co tema do Proxecto que levamos adiante neste trimestre.
No blog da biblioteca podedes mirar o vídeo de como se desarrollou esta semana de mandados.
Aquí vos amosamos as fotografías do venres cos nosos disfraces.