Mostrando entradas con la etiqueta concello. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concello. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de abril de 2024

DÍA DA SAÚDE

 O Día 7 de Abril conmemoramos o Día Mundial da Saúde e este ano o lema que propón a Organización Mundial da saúde é "A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO" para sensibilizar sobre a ameaza que supoñen os conflitos bélicos para a saúde das persoas.


 Desde o Proxecto de Prevención das Conductas Adictivas dos Concellos de Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña e Portas propoñen a realización deste cuestionario para reflexionar sobre a alimentación e os hábitos saudables.


jueves, 20 de mayo de 2021

RECOLLEMOS LIXO POR BARRO

Dentro da materia de ciencias, os nenos e nenas de 1º fomos recoller lixo pola contorna do concello. 

Deste xeito, traballamos a concienciación sobre o medio e a contorna, así como a importancia de poñer en práctica a regra dos tres R.





 MOI BO TRABALLO NENAS E NENOS!

jueves, 29 de abril de 2021

ZOO VIRTUAL DE BARRO

Seguindo co proxecto deste curso, "Barrenses Viaxeir@s", o alumnado de 1º e 2º de Primaria creou un zoo virtual que está situado no arboredo próximo ao colexio. 

Se vos animades a visitalo, veredes que en cada un dos paneis, clasificados por continentes, atópase información das diferentes especies amosadas e dous códigos QR. Escaneándoos poderedes ver un vídeo no que os rapaces e rapazas explican curiosidades acerca do animal e, por outra parte, ver o animal en realidade aumentada e, incluso, interactuar e sacarvos unha foto con el!

Aquí deixamos un pequeno resumo do que podedes ver, e como o alumnado destes cursos gozou do traballo feito:

Queremos agradecer a colaboración e a implicación do Concello por proporcionarnos os recursos que nos permitiron conseguir este gran resultado. Por outra parte, tamén agradecemos a Breixo, alumno de 2ºB, e á súa familia a gran axuda á hora de confeccionar os carteis dos continentes.


viernes, 18 de diciembre de 2020

Visita ao alcalde

Os nenos e nenas de 2ºA fomos visitar ao alcalde este xoves. Estivemos a traballar os oficios en Barro e queríamos saber que é o que facía un alcalde no seu día a día e, en especial, o do noso concello. Fixéronlle moitas preguntas sobre o seu labor, ás cales contestou moi amablemente. Ensináronlle os traballos que realizaron sobre o alcalde e o concello e felicitounos a todos. 

MOITÍSIMAS GRAZAS, SEÑOR ALCALDE!!!




miércoles, 2 de diciembre de 2020

2º de primaria: Xa está aquí o programa "Barrenses Viaxeir@s", esta vez sobre os deportes de Barro!

O alumnado de 2º está traballando nun proxecto que consiste na rodaxe dun “programa de televisión” chamado “Barrenses Viaxeir@s”. En cada episodio, achegarémonos ao noso pobo dende un punto de vista concreto e, nesta primeira ocasión, centrámonos nos deportes do noso Concello. 

Podedes ver aquí dous fantásticos programas da man duns reporteiros e reporteiras moi especiais! Esperamos que vos gusten!



jueves, 26 de noviembre de 2020

O alumnado de 2ºB visita o Concello para entregarlle unha carta ao mismísimo alcalde!

Durante o proxecto dos deportes, os rapaces e as rapazas de 2ºB investigaron, entre outras cousas, acerca de cales eran os deportes que se podían practicar na vila e cales eran os que non. Para descubrilo, realizaron varias enquisas e concluíron que o que máis botan en falta é o patinaxe sobre xeo. Por iso, decidiron escribirlle unha carta ao alcalde pedíndolle que monte unha pista de xeo polo Nadal! 😱

Hoxe tivemos o pracer de reunirnos con él e de entregarlle a carta na man. Foi unha experiencia incrible na que aproveitamos para facerlle preguntas moi interesantes de cara ao noso novo proxecto, que comezamos nestes últimos días e no que tratamos a organización e os oficios do noso pobo.

Unha mañá diferente e inesquecible!

Moitísimas grazas, alcalde!!!





miércoles, 23 de mayo de 2018

ALMORZOS SAUDABLES

Dentro do Programa de Drogodependencias e prevención de Condutas Adictivas promovido polo Concello de Barro e a Consellería da Sanidade, os nenos e nenas de 1º de Primaria  aprendemos cales son os alimentos máis apropiados para unha dieta saudable.
Hai uns días estivo no comedor do noso centro Julia Búa para desenvolver con nós un obradoiro de "Almorzos saudables" para repasar a modo de xogo o que tan ben aprendemos nas aulas.



 A continuación puidemos degustar un saboroso almorzo a base de pan, embutido, zume e iogur. Delicioso!


martes, 24 de octubre de 2017

RUTA DA PEDRA DO HOME

     O 20 de outubro, os nenos e as nenas de 1º e 2º de Primaria fixemos unha ruta de sendeirismo por Perdecanai.
     Fomos en autobús ata Triabá. Comezamos alí a ruta, no seu cruceiro, pasamos logo pola Pedra do Home e fixemos parada nos muíños de Souto de Lux.



     Ao final, merendamos para recuperar forzas e voltar ao colexio acompañados e acompañadas por Protección Civil.

Pasámolo xenial !

     No blog de MIMI podedes ver algúns dos debuxos que fixemos:



sábado, 13 de mayo de 2017

PREMIOS "CÓNTAME UN CONTO VECIÑO 2017"

     No concurso "CÓNTAME UN CONTO VECIÑO 2017" convocado polos concellos de Barro e Portas, resultaron premiad@s os seguintes alumn@s do noso centro:
  • Daniela Romay Manso (2º de Primaria)
  • Manuel Piñeiro Núñez (3º de Primaria).
  • África Lede Zarco (4º de Primaria).
  • Iago Vilas Fernández (6º de Primaria).
MOITÍSIMOS PARABÉNS ! ! !

     Máis información no blog da nosa Biblioteca:

https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2017/05/contame-un-conto-vecino-2017-relacion.html


SIGAMOS CREANDO ! ! !      SIGAMOS AVANZANDO ! ! !


viernes, 5 de mayo de 2017

CONCERTO FAMILIAR 25 ANIVERSARIO DA BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE BARRO

     Que concerto tan bonito ! ! ! 

     Pasámolo moi pero que moi ben ! ! !


     Gustounos moitísimo cantar coa Banda no seu 25 Aniversario ! ! !

MOITAS GRAZAS ! ! !

MOITOS PARABÉNS ! ! !

     No blog da Biblioteca podedes mirar un vídeo chulísimo do concerto. Premede aquí:





     

sábado, 8 de abril de 2017

Día Mundial da Saúde

O Alumnado de 2º curso participou na actividade "Valores en Saúde 2.0" promovido polo Concello de Barro en colaboración coa Consellería de Sanidade dentro do Programa de Prevención de Drogodependencias e Conductas Adictivas.
Como parte desta actividade participaron no "I Certame de Debuxos Saudables" do que resultou gañadora Elisa Figueiro.
O seu debuxo é a portada do díptico que con motivo da conmemoración do Día Mundial da Saúde, o 7 de Abril,  publicou o Concello de Barro.
O alcalde de Barro, Xosé M. Fernández Abraldes, e Julia Búa, encargada deste proxecto no noso concello, estiveron no día de onte no noso centro para facer entrega do diploma acreditativo e agasallaron cun libro á aula pola súa labor.