O Alumnado de 2º curso participou na actividade "Valores en Saúde 2.0" promovido polo Concello de Barro en colaboración coa Consellería de Sanidade dentro do Programa de Prevención de Drogodependencias e Conductas Adictivas.
Como parte desta actividade participaron no "I Certame de Debuxos Saudables" do que resultou gañadora Elisa Figueiro.
O seu debuxo é a portada do díptico que con motivo da conmemoración do Día Mundial da Saúde, o 7 de Abril, publicou o Concello de Barro.
O alcalde de Barro, Xosé M. Fernández Abraldes, e Julia Búa, encargada deste proxecto no noso concello, estiveron no día de onte no noso centro para facer entrega do diploma acreditativo e agasallaron cun libro á aula pola súa labor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario