Os cativos e cativas de 1º e 2º recibiron a visita de María, mestra do CEIDA que nos trouxo á biblioteca do cole o "Xogo da miñoca" co que pasamos unha mañá moi divertida ao tempo que aprendimos moitas cousas sobre a compostaxe e lembramos tamén a importancia de reciclar e separar os resíduos.
No blog da biblioteca podedes ver o vídeo resumo desta actividade e das que desenvolveron ao longo desta semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario