O venres 1 de decembro, os nenos e nenas de 1º e 2º fomos ao Auditorio de Afundación de Pontevedra para ver o musical CIRCOPETA de Odaiko Percussion Group.
Tratábase de tres músicos que andaban a buscar un circo para tocar e atoparon un paiaso que actuara hai anos no Circopeta, hoxe abandonado. Entón, entre os catro, decidiron volver a poñelo en marcha.
Mirade que debuxos tan chulos deles fixeron Iria máis Martín:
Que risas botamos ! Ademais, fixeron maxia, malabares, teatro de sombras e música, moita e moi boa música con todo tipo de materiais: botellas (botellófono), caldeiros, vasoiras, os zocos que levaban postos . . . E tamén con instrumentos musicais como a marimba, a caixa, o bombo, o charles, os pratos, maracas...
En moitos momentos da actuación, animáronnos a participar batendo palmas, cos pés e con movementos. Incluso, subiron ao escenario mestres, mestras, nenos e nenas para tocar cancións. O noso compañeiro Diego tivo esa sorte.
Pasámolo moi pero que moi ben!