miércoles, 11 de mayo de 2016

Concurso "Cóntame un conto veciño"

Acabamos de saber que o alumno de 1º curso de Primaria Anxo Couso resultou finalista no concurso de contos que convocan os concellos de Barro e Portas.
 NORABOA !!

Para ter máis información, preme no enlace e le no blog da biblioteca:

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/05/contame-un-conto-vecino-publicada.html

viernes, 6 de mayo de 2016

VIII PREMIO MIMI: PÁRAMO PICTURES

     PÁRAMO PICTURES resultou ser a gañadora do Premio MIMI.

     PARABÉNS !!!

     Premendo na imaxe iredes ao blog da biblioteca e alí podedes ver un vídeo co resumo das candidaturas presentadas, das votacións e do reconto de votos:

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/05/na-viii-edicion-ganou.html



sábado, 16 de abril de 2016

CONCURSO DE MICROPOEMAS

     Os nosos compañeiros de 2º curso, PABLO RIVEIRO CANCELA e BRAIS SANMARTÍN FARIÑA, quedaron finalistas na categoría B1 no VIII Concurso de Micropoemas convocado por "Terras do Umia".

     MOITOS PARABÉNS !

    Sigamos creando, sigamos avanzando.






martes, 3 de noviembre de 2015

CANTIGA "O NOSO MAGOSTO"

Castañas asadas queremos comer,
castañas asadas que saben moi ben.
Que saben moi ben, que saben moi ben,
castañas asadas queremos comer.

(Preme na imaxe e atoparás o noso magosto musical)


martes, 9 de junio de 2015

Bye Bye Teacher Sarah

A "teacher Sarah" marchou a pasada semana. Rematou para ela o curso escolar, pero nós queremos deixar aquí as fotografías que fixo con nós así como o enlace ao blog da Sección Bilingüe que tamén podedes atopar arriba, na etiqueta SEBI.

http://sebi-english.blogspot.com.es/

1º A

1º B

2º A

2º B
 Moita sorte!!
e Ata sempre!!


jueves, 28 de mayo de 2015

GRUPO DE DANZAS AMOR RUIBAL

     Andrés, Gonzalo, Nerea e Sonia, do grupo de danzas "Amor Ruibal", estiveron no noso colexio cunha chea de instrumentos bonitísimos. Incluso trouxeron un pelexo que a algún neno lle deu un pouco de noxo tocalo. Claro, como non sabían que a pandeireta, por exemplo, está feita desa pel . . .
     Andrés falounos dos instrumentos e nós atendemos moi curiosos. Pero o mellor era cando tocaba e nós cantabamos e levabamos o ritmo batendo palmas. Algúns nenos tiveron a sorte de probar coa pandeireta, as cunchas ou o bombo.
   
     ¡ ¡ Que ben o pasamos ! !

     ¡ ¡ Graciñas pola visita ! !