Con motivo do 8 de marzo (Día Internacional da Muller) as nenas e nenos de Primeiro de Primaria homenaxean ás mulleres presentes nas súas vidas, as que lle ensinan e mostran a súa resistencia e valentía a diario.
lunes, 11 de marzo de 2019
AS NOSAS MATRIARCAS
Con motivo do 8 de marzo (Día Internacional da Muller) as nenas e nenos de Primeiro de Primaria homenaxean ás mulleres presentes nas súas vidas, as que lle ensinan e mostran a súa resistencia e valentía a diario.
domingo, 10 de marzo de 2019
CHARLA 8 DE MARZO
O venres 8 de marzo, Día Internacional da Muller, as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria tiveron na Biblioteca do cole unha clase moi especial, impartida pola doutora Viviana, nai de Piero e Luca.
Viviana falou de cando era nena, do que lle gustaba facer e de como medrou e chegou a ser o que sempre quixo ser: Médica especialista en Xinecoloxía e Obstetricia.
Con ela aprendemos moitas cousas, vimos fotos chulísimas e pasámolo pipa cun xogo que tiña preparado para a cativada.
Con ela aprendemos moitas cousas, vimos fotos chulísimas e pasámolo pipa cun xogo que tiña preparado para a cativada.
Antes de despedírmonos, o alumnado fíxolle a Viviana unha chea de preguntas e, de volta nas aulas, debuxou e falou sobre o tema.
Unha charla moi educativa e divertida!!!
Moitísimas grazas, Viviana!!!
jueves, 7 de marzo de 2019
ENTROIDO 2019
O venres pasado celebramos o desfile de entroido. Ao remate fixemos unhas fotos dos grupos.
Mirade que guapos e guapas!!
Si queredes ler máis sobre o acontecido podedes mirar no blog de MIMI:
https://oblogdemimi.blogspot.com/2019/03/entroido-2019.html
https://oblogdemimi.blogspot.com/2019/03/entroido-2019.html
martes, 5 de marzo de 2019
O ENTROIDO EN... PRIMEIRO!!!
martes, 26 de febrero de 2019
EU COCIÑO, TI COCIÑAS?
O noso alumnado de 1º e 2º de Primaria gozou onte, na Sede Afundación de Pontevedra, do marabilloso espectáculo musical de Mamá Cabra `Eu cociño, ti cociñas?´ con ingredientes moi especiais: Boa música, humor, ilusión, paixón e moito, moito amor.
Logo de merendar na Praza da Liberdade, a nosa rapazada pasouno pipa no novo parque infantil de Campolongo.
Unha saída redonda!!!
domingo, 24 de febrero de 2019
DÍA DE ROSALÍA 2019
Para celebrar o Día de Rosalía, as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria participamos no recitado colectivo do poema `Alborada´. Quedou chulísimo! Podedes velo no blog de MIMI:
E Felipe e Inés, que son o pai e a nai de Fiz, un neno de Infantil, viñeron ao colexio coa súa gaita e a súa pandeireta para tocar a `Alborada´. Fixérono de marabilla!!!
Moitísimas grazas!!!
Botádelle un ollo ao vídeo premendo no seguinte enlace:
Etiquetas:
biblioteca,
Colaboracións,
conmemoracións,
curso 2018-19,
Día de Rosalía,
Dinamización,
EDLG,
familias,
Lingua Galega,
valores
martes, 12 de febrero de 2019
PRESENTAMOS ÁS MAMÁS E AVOAS
O alumnado de primeiro estivo traballando a familia e presentaron as súas mamás e avoas.
Quedaron así de ben!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























