lunes, 9 de diciembre de 2019
LAPBOOKS DO OUTONO
Despois de moito traballar e investigar, recollemos en distintos lapbooks a información do que queriamos saber do outono:
Por que se caen as follas?
Por que baixa a temperatura?
Por que cambian de cor as follas?
Por que caen os ourizos dos castiñeiros no outono?
Etiquetas:
2º nivel,
biblioteca,
ciencias,
curso 2019-20,
Dinamización,
EDLG,
medioambiente,
natureza,
O OUTONO,
producións propias,
Proxecto
EXPERIMENTAMOS NAS CIENCIAS
Neste trimestre estivemos investigando sobre o outono. Como estabamos moi interesados/as en saber o motivo do cambio de cor das follas nesta estación do ano, fixemos un experimento para separar os pigmentos das follas do outono. Puidemos ver que estas follas perden a clorofila e as follas verdes tamén teñen pigmentos amarelos pero a clorofila os enmascara.
lunes, 2 de diciembre de 2019
A NENA E O GRILO
O musical A nena e o grilo de Magín Blanco e Teatro Ghazafellos fixo hoxe as ledicias do noso alumnado de 1º e 2º Primaria cunha divertida historia sobre a amizade, a tolerancia e a superación dos medos, desenvolvida na Sede Afundación de Pontevedra.
Logo do espectáculo, o grupo merendou na praza da Liberdade e rematou a xornada, como non podía ser doutro xeito nunha mañá tan soleada como a de hoxe, xogando no parque infantil de Campolongo.
Unha saída moi gozosa!!!
lunes, 4 de noviembre de 2019
CHARLA DE EDUCACIÓN VIARIA
A semana pasada o alumnado de 1º e 2º de Primaria recibiu unha interesante charla de educación viaria na que aprendeu co noso amigo Latexo a importancia de camiñar pola esquerda. Para que non o esquezamos, Latexo dounos un truco moi sinxelo: Debemos camiñar polo lado no que temos o corazón. Ademais, regalounos unhas chapas reflectintes e uns cadernos para aprender moitas máis cousas sobre seguridade viaria.
A actividade enmárcase no programa `O corazón está do teu lado´ da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade en colaboración coa Consellería de Educación.
A actividade enmárcase no programa `O corazón está do teu lado´ da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade en colaboración coa Consellería de Educación.
Moitísimas grazas!!!
viernes, 21 de junio de 2019
KAMISHIBAI "MEMORIAS DUNHA GALIÑA"
Os alumnos e alumnas de 1º de Primaria estivemos este curso traballando co libro "Memorias de una gallina" de Concha López Narváez. E, como remate do proxecto "A Revolución", elaboramos en galego un Kamishibai do libro traballado que presentamos a nenas e nenos doutros cursos.
Podedes ver a continuación un vídeo que amosa o traballo feito polas crianzas.
Podedes ver a continuación un vídeo que amosa o traballo feito polas crianzas.
Etiquetas:
1º nivel,
Animación lectura,
biblioteca,
contacontos interciclos,
contos,
curso 2018-19,
EDLG,
lectoescritura,
producións propias,
Proxecto,
Revolución
miércoles, 12 de junio de 2019
EXCURSIÓN A MARCELLE
Fai uns días o alumnado de 1º e 2º de primaria fomos de excursión de fin de curso a Marcelle. Alí descubrimos un montón de animais e gozamos da convivencia en moi boa compañía. Pasámolo xenial!!!
jueves, 30 de mayo de 2019
OS NOSOS GLADÍOLOS
Despois de varias semanas e moitos mimos e agarimos, naceron e medraron uns fermosos gladíolos...Agora nas casas dos nenos e nenas toca florecer!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





