miércoles, 2 de diciembre de 2020

Barrenses Viaxeir@s: "Mergullámonos no noso corpo"

Este curso, o alumnado de 1º mergullouse nun proxecto televisivo, "Barrenses Viaxeir@s" así se chama. 

Nel, os nenos e nenas irán periodicamente presentando programas que se ambientan en Barro e a súa contorna. O primeiro dos programas xa está listo para vós. Aquí volo deixamos:

Prestade moita atención pois o próximo xa o temos en marcha!


2º de primaria: Xa está aquí o programa "Barrenses Viaxeir@s", esta vez sobre os deportes de Barro!

O alumnado de 2º está traballando nun proxecto que consiste na rodaxe dun “programa de televisión” chamado “Barrenses Viaxeir@s”. En cada episodio, achegarémonos ao noso pobo dende un punto de vista concreto e, nesta primeira ocasión, centrámonos nos deportes do noso Concello. 

Podedes ver aquí dous fantásticos programas da man duns reporteiros e reporteiras moi especiais! Esperamos que vos gusten!



viernes, 27 de noviembre de 2020

OUTONO

As nenas e nenos de 1º estiveron traballando estas semanas nun lapbook do outono. Nel buscaron información sobre as características básicas desta estación. Aquí deixamos os resultados:



jueves, 26 de noviembre de 2020

O alumnado de 2ºB visita o Concello para entregarlle unha carta ao mismísimo alcalde!

Durante o proxecto dos deportes, os rapaces e as rapazas de 2ºB investigaron, entre outras cousas, acerca de cales eran os deportes que se podían practicar na vila e cales eran os que non. Para descubrilo, realizaron varias enquisas e concluíron que o que máis botan en falta é o patinaxe sobre xeo. Por iso, decidiron escribirlle unha carta ao alcalde pedíndolle que monte unha pista de xeo polo Nadal! 😱

Hoxe tivemos o pracer de reunirnos con él e de entregarlle a carta na man. Foi unha experiencia incrible na que aproveitamos para facerlle preguntas moi interesantes de cara ao noso novo proxecto, que comezamos nestes últimos días e no que tratamos a organización e os oficios do noso pobo.

Unha mañá diferente e inesquecible!

Moitísimas grazas, alcalde!!!





miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 N nas clases de 2º.

Hoxe estivemos traballando o día 25N, Día Contra a Violencia de Xénero. Falamos do que se reivindica neste día e vimos un vídeo de Rosa Caramelo, un vídeo para traballar a igualdade e o respeto adicado aos máis pequenos e pequenas. Viñemos todos e todas de negro para manifestar a nosa repulsa e tristeza a todo acto de violencia e quixemos deixar constancia disto facéndonos unha foto final que aquí vos deixamos. 

NON MÁIS VIOLENCIA!!!





DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Para que que no futuro próximo non se teña que falar polas que non están: 


domingo, 22 de noviembre de 2020

COMEMOS SAUDABLE?

O alumnado de 1º de Primaria, dentro do proxecto "A maxia do meu corpo", está a traballar a necesidade dunha alimentación adecuada. Para iso, unha das actividades que levaron a cabo foi a creación dun prato saudable, onde plasmaron todo o aprendido na unidade.

Aquí deixamos os resultados: