lunes, 15 de marzo de 2021

Semana da prensa

Estes días, para conmemorar a semana da prensa na escola, quixemos facérnonos eco das boas novas que pasan no noso entorno. Fartas de escoitar tantas cousas malas neste ano tan difícil, as nenas e nenos de 2º tratamos de ver o vaso medio cheo e aportar o noso espírito de positividade.  Aquí vos deixamos os nosos murais.

Esperemos que vos gusten!!!





martes, 9 de marzo de 2021

Aprendendo a medir... medindo!

Para traballar as medicións de lonxitude, masa e volume, o alumnado de segundo decidiu poñerse mans a obra e experimentar con diversas ferramentas e obxectos: descubriron canto pesaba un litro de auga, cantos mililitros tiña unha lata de refresco e, incluso, mediron o patio cuberto para descubrir cal era o seu centro e, desta forma, poder repartir o espazo para que as dúas clases tiveran exactamente os mesmos metros para xogar!

                                         

                                         










miércoles, 17 de febrero de 2021

2º PROGRAMA BARRENSES VIAXEIR@S

Despois de traballar as distintas partes do cole e cal é a función de toda a xente que traballa nel, os nenos e nenas de 1º creamos o 2º programa de BARRENSES VIAXEIR@S. 

Aquí o deixamos: 


Moitísimas grazas a todas as persoas que colaborastes!!!


lunes, 15 de febrero de 2021

ESTAMOS CON VÓS!

Fermoso mural colaborativo do alumnado de 2º de Primaria no marco da conmemoración do Día Internacional da Loita contra o Cancro Infantil, co obxecto de sensibilizar e concienciar sobre esta enfermidade e asegurar ás nenas e nenos que a padecen os mellores coidados médicos posibles.

Moitísimo ánimo!!!

Estamos con vós!!!


miércoles, 10 de febrero de 2021

DÍA DA MULLER NA CIENCIA

 O alumnado de 1º curso celebrou o día da Muller na Ciencia coñecendo algunha das mulleres que decidiron loitar polos seus soños, derrubando todas as barreiras que a sociedade lle poñía.

Moitas delas chegaron a ser astronautas, descubridoras de elementos como o polonio ou o radio ou grandes investigadoras de vacinas contra virus como o da variola.

Aquí deixamos o seu traballo: 



lunes, 1 de febrero de 2021

O alumnado de segundo coñece as plantas de Barro

Como saberedes, este segundo trimestre os rapaces e as rapazas de segundo atópanse investigando sobre os seres vivos de Barro. Concretamente, nestas primeiras semanas tras as vacacións de Nadal están facéndoo sobre as plantas, e que mellor forma de facelo que vendo, tocando e sentindo a nosa vexetación de primeira man!












CELEBRAMOS A CANDELORIA

O alumnado de primero quixo celebrar unha das tradicións máis arraigadas de Barro: o día da Candeloria.

Para iso, as nenas e nenos fixeron unha investigación previa nas súas casas, onde preguntaron ás súas familias que se celebraba e cal era o motivo da celebración. 

Din que pola Candeloria casan os paxariños... 

Pois aquí deixamos os paxariños de 1º acompañados duns refráns que se poden ver nos códigos QR que colgan en cada un deles:



Ademais non nos puido vir mellor a casa para os paxariños que elaborou Elba coa axuda da súa familia. 







FELIZ DÍA DA CANDELORIA!