viernes, 10 de marzo de 2023

NOTICIAS TOLAS

Para conmemorar a Semana da Prensa na Escola, as nenas e nenos de 1º de Primaria crearon un mural con noticias tolas. Coa axuda dunha tablet, investigaron cales eran verdadeiras e cales eran falsas, pegando o seu cartel correspondente ao lado de cada noticia. E menudas noticias! As nenas e nenos non saían do seu asombro!

Velaquí o resultado!


viernes, 10 de febrero de 2023

SAÚDE BUCODENTAL

Hoxe, a nai da nosa compañeira Elba, que de profesión é dentista, veunos dar unha charla moi interesante sobre a saúde bucodental. 

Aprendimos como limpar ben os dentes, as moas e a lingua con distintos tipos de utensilios: cepillos de dentes manuais e eléctricos, seda dental, cepillos interdentais, flossers...  

Tamén insistiu moito nunha alimentación sá e con pouca cantidade de azucre. Sempre pensamos que o azucre só está presente nas chuches pero tamén está nas galletas, no pan de molde, nos iogures bebibles ...  





Moitas grazas por colaborar no noso proxecto de Hábitos Saudables!!!


jueves, 27 de octubre de 2022

A VENDIMA E O OUTONO

 A VENDIMA E O OUTONO

Como moitas nenas e nenos colaboramos na vendima coas nosas familias, estivemos buscando información sobre esta actividade tan importante no noso concello. Investigamos sobre a vide, nomes de variedades de uva, aparellos, maquinaria que se utiliza e, ademais do viño, que outras elaboracións podemos facer coas uvas.

Tamén estivemos a falar do outono e as colleitas que se levan a cabo nesta época do ano (recollemos o millo, as fabas, as cabazas...) E, de paso, aprendimos poesías, adiviñas e refráns sobre a vendima e o outono.

Aquí podedes escoitalas:






jueves, 16 de junio de 2022

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE

Seguindo coa celebración do Día do Medio Ambiente os nenos e nenas de 2º realizaron nas súas casas uns magníficos xoguetes, feitos con materiais reutilizados. Aquí deixamos unha mostra:




Moitísimas grazas, familias!!!

Ademais, un ano máis, saíron a recoller lixo pola contorna do centro e, como se pode ver, recolleron máis do esperado: 




EXCURSIÓN ILLA CORTEGADA!

Chegou xuño e con el a tan desexada excursión de fin de curso para os nenos e nenas de 2º, que foron á Illa de Cortegada.

Foi un día marabilloso: fomos en bus, aprendemos moito sobre o marisco de Carril, subimos en lancha motora, fixemos sendeirismo mentres coñeciamos especies vexetais e animais da illa, vimos unha árbore máxica chamada Comepedras, comemos de pícnic, bañámonos, xogamos na area e fixo bo día; que máis se pode pedir?



martes, 14 de junio de 2022

EXCURSIÓN AO ACUARIO DO GROVE

Os nenos e nenas de primeiro desfrutaron dun magnífico día de excursión ao acuario do Grove con viaxe en catamarán incluída.⛵

Para comezar o día, fixemos unha rutiña en barco pola ría. A brisa do mar, as gaivotas que nos seguían, a música, o visionado do fondo mariño e a explicación dos monitores fixeron que a travesía fora unha experiencia moi agradable e inesquecible.

Unha vez en terra, dirixímonos ao Acuario 🐠onde vimos moitas especies mariñas e enterámonos de moitísimas cousas interesantes sobre elas. 

Por último, voltamos en bus para o colexio, despois de pasar un día marabilloso.

Velaquí algúns momentos compartidos!!!


viernes, 10 de junio de 2022

Barro no camiño

Este ano, as nenas e nenos de primeiro traballamos no proxecto "Barro no Camiño". Estudamos a vestimenta d@s peregrin@s, por onde vai o Camiño Portugués, por qué lugares das parroquias de Barro pasa, os seres vivos, tanto animais coma plantas, típicos deste camiño e moitas cousas máis. Como broche final, elaboramos un mural para o corredor de primeiro, onde todas as nenas e os nenos están situados no lugar onde viven, tratando de facer unha simulación o máis didáctica posible do mesmo. Incluimos regatos, fotos, vivendas, festas...

Un traballo en equipo dos dous grupos fantástico!!!

Esperamos que vos guste!!!