jueves, 29 de mayo de 2025

Saída de fin de curso: Ecogranxa Atalaia

     O pasado luns fixemos a nosa excursión de fin de curso. O destino foi a Ecogranxa Atalaia. Ademais dunha contorna espectacular en plena natureza, puidemos realizar 4 obradoiros: "bautismo hípico", "granxeiro", "plantamos na horta" e "xincana".

     Deixámosvos un resumo fotográfico deste día tan completo!!





 
PASÁMOLO XENIAL!!!! 


viernes, 16 de mayo de 2025

DÍA DA FAMILIA

 Onte foi o Día Internacional da Familia, para conmemoralo,  nas aulas de segundo elaboramos unha fermosa tarxeta cunha sorpresiña...

 No interior da mesma había un cachiño de papel-cartón reciclado por nós mesmos que levaba unhas sementes de margaridas para plantar nun lugar especial en familia. 

 


                                        Así de felices posamos coas nosas tarxetas!! 

FELIZ DÍA DA FAMILIA!!


 

martes, 8 de abril de 2025

Lapbook "Os animais"

 Ao longo do trimestre o traballo de Ciencias Naturais nas aulas de segundo centrouse en contidos de fauna e flora. Como somos unhas apaixonadas e apaixonados dos animais, decidimos facer un traballo investigación sobre a clasificación dos animais. Plasmámolo nestes lapbooks que agora mostramos:

 




                                        CANTO APRENDEMOS!!!

 



martes, 25 de marzo de 2025

"Unha vella tiña un can"

 Co gallo do Día internacional da Poesía, nas aulas de segundo do colexio preparamos e recitamos a cantiga popular "unha vella tiña un can".

Coa axuda do profe Max fixemos un video que queremos mostrarvos, velaí o noso traballo!!!

 



                             Agardamos que vos guste!!!


 

jueves, 20 de febrero de 2025

É a col lombarda un medidor de ph natural?

 Hoxe, continuando co noso ciclo de experimentos, aprendemos moito sobre a química. As nosas profes trouxeron "zume de col lombarda" e xogamos a mesturala con diferentes elementos presentes no noso día con diferente acidez (ph): limón, auga, bicarbonato, vinagre e lixivia (este último manipulouno unha profe). 


 A cor natural da lombarda foi mudando en función do ph de cada elemento!! quedamos abraiados coa cor vermella da interacción do vinagre coa lombarda, ou da azul co bicarbonato!! Podemos afirmar que a auga de col lombarda é un medidor natural de ph. Isto débese a un componente que se chama antocianina que reacciona aos diferentes ph.

Canto aprendemos de cienca xogando!!

jueves, 13 de febrero de 2025

Taumátropo

 Continuando co noso ciclo de experimentos no marco da celebración do 11 de febreiro, día internacional da nena e a muller na ciencia. Hoxe queremos mostrarvos un experimento moi especial...

 




 


Así de felices estabamos, xogando e aprendendo sobre cine e sobre ciencia!!

martes, 11 de febrero de 2025

Lámpada de lava

     Continuamos cos experimentos deste mes, e hoxe presentámosvos un que nos gustou e sorprendeu moito, pois non esperabamos o resultado...

   Moi concentrados fomos seguindo os pasos da mezcla dos elementos, facendo hipóteses do que podía suceder.
    Así de asombradas e asombrados quedamos ao ver a fermosura das burbullas subindo e baixando en dous elementos de diferente densidade: a auga e o aceite.

    A Ciencia é moi divertida!!!