viernes, 30 de marzo de 2018

RECIBIMOS A VISITA DE ...

Este curso estamos a desenvolver no colexio o proxecto "Voces de mulleres" e por esta razón viñeron convidadas á Biblioteca do cole varias mulleres da nosa contorna na semana da conmemoración do 8 de Marzo.
O alumnado de 1º e 2º recibíu a visita de Ana B. Cadavid que é veterinaria en Curro, onde ten a súa clínica. 

 Deste xeito describe e ilustra o traballo de Ana o alumnado de 1º.

 


Por outra banda o alumnado de 1º recibíu tamén a visita de Eva Caldas, mamá de Nahuel. 
 
Eva é Inspectora de Seguridade Marítima na Capitanía de Vilagarcía de Arousa e faloulles do seu traballo aos compañeiros e compañeiras do seu fillo ademais de estar tamén co alumnado de 5º e 6º curso.
 
E esta é descrición e imaxe do seu labor visto polo alumnado de 1º:


Foi un placer recibirvos no cole.

Grazas, Ana!
Grazas, Eva!


ASÍ DEBUXAMOS O 8 DE MARZO

Os nenos e nenas de 2º A representamos nestes debuxos a nosa visión particular da conmemoración do 8 de Marzo. Dedicámolos a todas as mulleres involucradas na crianza dos nenos e nenas.
O valor artístico e social das súas ilustracións dános moita esperanza.

ELES e ELAS son o noso futuro!!

jueves, 29 de marzo de 2018

DÍA DA POESÍA

O alumnado de 1º e 2º de Primaria conmemorou o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) recitando na nosa Biblioteca os Micropoemas creados para participar no concurso convocado pola Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega "Terras do Umia".


Micropoemas de 1º:
Micropoemas de 2º:
Tamén participou alumnado de Ed. Infantil escoitando e recitando, asemade, uns fermosos versos de Ana Fernández pertencentes ao seu poemario Pola Rúa dos Versos. 


 Parabéns, artistas !

sábado, 24 de febrero de 2018

UNHA ROSA PARA ROSALÍA

Nas aulas de 2º curso preparamos esta divertida coreografía para bailar e compartir na "Hora de ler" pola conmemoración do Día de Rosalía. 
Amosamos neste videoclip o tema "Rosa" de Roi Casal, interpretado por Silvia Ferre, coa letra do poema de Rosalía de Castro.


Podedes ver as actividades que fixemos no cole sobre Rosalía de Castro durante esta semana no blog da biblioteca.

Feliz Día de Rosalía!

martes, 5 de diciembre de 2017

A CIRCOPETA DE ODAIKO

     O venres 1 de decembro, os nenos e nenas de 1º e 2º fomos ao Auditorio de Afundación de Pontevedra para ver o musical CIRCOPETA de Odaiko Percussion Group.


     Tratábase de tres músicos que andaban a buscar un circo para tocar e atoparon un paiaso que actuara hai anos no Circopeta, hoxe abandonado. Entón, entre os catro, decidiron volver a poñelo en marcha. 

     Mirade que debuxos tan chulos deles fixeron Iria máis Martín:



     Que risas botamos ! Ademais, fixeron maxia, malabares, teatro de sombras e música, moita e moi boa música con todo tipo de materiais: botellas (botellófono), caldeiros, vasoiras, os zocos que levaban postos . . . E tamén con instrumentos musicais como a marimba, a caixa, o bombo, o charles, os pratos, maracas...


     En moitos momentos da actuación, animáronnos a participar batendo palmas, cos pés e con movementos. Incluso, subiron ao escenario mestres, mestras, nenos e nenas para tocar cancións. O noso compañeiro Diego tivo esa sorte.


Pasámolo moi pero que moi ben!


martes, 24 de octubre de 2017

RUTA DA PEDRA DO HOME

     O 20 de outubro, os nenos e as nenas de 1º e 2º de Primaria fixemos unha ruta de sendeirismo por Perdecanai.
     Fomos en autobús ata Triabá. Comezamos alí a ruta, no seu cruceiro, pasamos logo pola Pedra do Home e fixemos parada nos muíños de Souto de Lux.



     Ao final, merendamos para recuperar forzas e voltar ao colexio acompañados e acompañadas por Protección Civil.

Pasámolo xenial !

     No blog de MIMI podedes ver algúns dos debuxos que fixemos:



jueves, 6 de julio de 2017

ROTEIRO TONUCCI

O día 31 de maio os nenos e as nenas de 1º e 2º curso, acompañados das nosas titoras, acudimos a Pontevedra para participar na actividade   "Roteiro Tonucci".
Esta actividade organizada pola Deputación Provincial de Pontevedra está inspirada na filosofía de  Francesco Tonucci : "As cidades e os pobos deben ser espazos dos nenos porque así o serán para toda a sociedade"
O noso roteiro pola cidade comezou no Pazo Provincial (sede da Deputación) onde nos estaban esperando os integrantes do grupo de Teatro Migallas. Durante toda a mañá non paramos de bailar, cantar e xogar.
A modo de xincana percorremos distintas prazas da cidade seguindo pistas que estaban agochadas e que tiñamos que atopar.

Tamén levamos adiante un "Consello de nenas e dos nenos" onde fixemos propostas e expresamos desexos para mellorar a nosa localidade.

 









Hai máis imaxes e información no blog da biblioteca:

https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2017/07/xogamos-cantamos-e-bailamos-no-roteiro.html