miércoles, 17 de junio de 2020

Despedida do curso - Telexornais de animais

Moi boas a todos e a todas, chegou á hora de poñer o punto e final ao curso. Non é o final soñado por ninguén, pero a profe Ana e o profe Miguel non queremos irnos sen despedirnos e sen agradecervos todo o voso esforzo, paciencia e dedicación. Tedes moito mérito, tanto o alumnado como as familias, pois sen vós nada disto sería posible.
Por iso, decidimos investir un pouquiño máis de tempo e esforzo nestes últimos vídeos, os do telexornal, que creamos coas aportacións dos reporteiros e reporteiras máis guais que podía haber. Como a participación foi tan alta, para evitar que nos quedase un vídeo longuísimo, decidimos facer dous telexornais, un de 1ºA e outro de 1ºB. Aínda así, non son curtos, pero creo que vos pode valer a pena velos ata o final, pois están feitos con moitísimo cariño e teñen algunha que outra sorpresa.







domingo, 7 de junio de 2020

ELABORAMOS RICAS RECEITAS

OS/AS NOSOS/AS QUERIDIÑOS E QUERIDIÑAS COCIÑEIROS/AS DE SEGUNDO ELABORARON UNHAS MAGNÍFICAS RECEITAS. DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO NO QUE PODEDES VER O BEN QUE O FIXERON.

MOITAS GRAZAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!! SODES MAGNÍFICOS E MAGNÍFICAS!!!


jueves, 4 de junio de 2020

CREAMOS MANDALAS

O NOSO ALUMNADO DE SEGUNDO DE PRIMARIA CREOU UNS MARABILLOSOS MANDALAS QUE AXUDAN Á CONCENTRACIÓN DE ENERXÍA E Á RELAXACIÓN.
DEIXAMOS UN VÍDEO CON TODAS AS APORTACIÓNS. DESFRUTÁDEO!

viernes, 22 de mayo de 2020

PALABRAS FAVORITAS DO GALEGO

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PEQUENO VÍDEO COAS PALABRAS FAVORITAS EN LINGUA GALEGA DO ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA, NO MARCO DUNHA ACTIVIDADE DESENVOLVIDA POLAS LETRAS GALEGAS.







A DISFRUTAR DO GALEGO!!!

domingo, 10 de mayo de 2020

ALUMNADO DE PRIMEIRO ENVIA CARTAS DE ÁNIMO PARA O PERSOAL SANITARIO.

Durante este período de confinamento, tivemos que adaptarnos a unha nova realidade educativa. Todo un reto que se fixo posible grazas á colaboración do alumnado, familias e profesorado.

Como docentes, cremos na idea de ofrecer ao alumnado actividades que supoñan unha aprendizaxe significativa, que promovan a reflexión, e a través das cales estea presente a emoción.

Hai unhas semanas, o mestre e a mestra de primeiro pediamos ao noso alumnado que escribisen unha carta de apoio a todo o persoal sanitario. Cando recibimos as cartas, a través da nosa plataforma virtual, quedamos sorprendidas do cariño, tempo e esmero que se podía desprender a través dos seus escritos.

Como docentes orgullosos do traballo do noso alumnado non dubidamos en compartilo co persoal sanitario. Para iso, contamos co apoio dunha amiga que fixo de mensaxeira e as cartas puideron chegar ao seu destino.

Deixámosvos un vídeo onde podedes ver que sucede cando os sanitarios do Hospital Álvaro Cunqueiro reciben as cartas duns nenos e dunhas nenas que están empezando a súa andaina no mundo da escritura. Esperamos que isto os impulse e as impulse a seguir escribindo e, sobre todo, que o fagan dende a paixón.



#euquedonacasa

jueves, 7 de mayo de 2020

CONTAMOS CONTOS DENDE AS CASAS

PRIMEIRA ENTREGA:

HOXE DEIXÁMOSVOS OS VIDEOS DE ANTÍA E JORGE. FIXERON UNS CONTOS MOI CHULOS, A VER QUE VOS PARECEN.

ANIMÁDEVOS E ENVIADE OS VOSOS VIDEOS PARA COMPARTIR!!





#euquedonacasa